
Por parte da rede Europe Direct, estiveron presentes, ademáis dos representantes da entidade de acollida, Europe Direct A Coruña-Deputación da Coruña, responsables de Europe Direct Tâmega, Sousa e Alto Tâmega e de Europe Direct Lugo, así como do Centro de Documentación e Estudos Europeos da Universidade de Santiago de Compostela.
Por parte da rede Enterprise Europe Network, asistiron ó encontro representantes da Associação Empresarial de Portugal AEP, así como da Axencia Galega de Innovación GAIN da Xunta de Galicia. Tamén estivo presente o representante de Team Europe en Galicia, Julio Sequeiros.
Asimesmo, o encontro contou coa participación dos membros da rede Eurodesk en A Coruña (Asociación InGalicia) e en Santiago de Compostela (Dirección Xeral de Xuventude-Xunta de Galicia). A rede Eures, a rede europea de mobilidade profesional, estivo representada polas conselleiras Eures de Braga, A Coruña e Lugo.
No espazo de intercambio de boas prácticas, Europe Direct A Coruña presentou, con excelente acollida, o Mapa de financiación europea na provincia da Coruña, mentres que Europe Direct Tâmega-Sousa e a AEP relataron as experiencias desenvolvidas conxuntamente no proxecto Volta de apoio ao emprego.
No encontro tamén se acordou a organización dunha actividade conxunta para conmemorar o Día de Europa, o vindeiro 9 de maio. Nesta ocasión, será Galicia o territorio que acolla o acto que estará vencellado á economía circular no marco da cooperación transfronteiriza.
Finalmente, Europe Direct A Coruña presentou a actualización anual do Folleto das Redes de Información Europea en Galicia (www.dacoruna.gal/europedirect/europa-en-galicia), outra iniciativa que as redes de información do Norte de Portugal transferirán ó seu territorio.
Máis información en dacoruna.gal/europedirect e en [email protected]
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.