
Esta adecuacion foi rexeitada polo concello, de feito, o goberno de Paco Vázquez nunca se sentou cos sindicatos para negociar a RPT, mentras aos veciños lle subÃan os impostos, o prezo do bus, privatizaban servizos, os salarios dos polÃticos non deixaban de incrementarse; alén de que os créditos doutras partidas aumentaban, menos os salarios do cadro de persoal.
Foise Paco Vázquez, e o seu herdeiro, Losada, a primeira medida que tomou foi “intimidar” e “presionar” aos sindicalistas concentrados na praza de MarÃa Pita requerindolles os datos personais, e asinando a RPT con UXT -única central sindical rompeu a unidade de loita-. Ata as eleccións a situación foi a mesma, forzando aos traballadores a manter as mobilizacións, e ó longo da campaña electoral non se falou de arranxar o problema.
Mentras, dende a oposición daquela, o BNG, PP, ... si o fixeron, e o BNG en concreto prometeu que se chegaba ao goberno, o solucionarÃa. Os traballadores decidiron levantar o campamento que tiñan no Obelisco, coa perspectiva, a “esperanza”, de que a nova coalición de goberno PSOE-BNG lle dera unha solución ó conflito.
Mais unha nova decepción cando, como primeira medida, o novo goberno municipal nomea como Concelleria de Persoal a Obdulia Taboadela, a mesma que dende a Subdelegación do goberno, reprimira as mobilizacións no mes de marzo, facendo que o dÃa 12 a polÃcia desmontara o campamento do Obelisco, e que cargara contras as traballadoras do Telemarketing en loita contra os despedimentos.... Esta era a provocación do PSOE para arranxar o problema, á súa maneira. E o BNG tragou.
Dende o primeiro momento, Taboadela, cunha grande prepotencia, afirma que non vai ceder, é mais, culpa aos traballadores da situación, mantén as sancións contra bombeiros e policias e tenta criminalizalos, enfrentandoos coa poboación pola situación de mobilización permanente á que os forza a intransixencia do Concello. Unha poboación que xa dera o apoio aos traballadores coa recollida de máis de 20 mil sinaturas no campamento do Obelisco.
A paciencia dos traballadores é infinita, despois de máis de 18 meses de loita, de xuntanzas co concello sen resultado, ante a situación que durante o verán se fai insustentable (entre os sancionados e as baixas por estress, moitos servizos atópanse baixo mÃnimos), a concelleira presenta unha proposta de mÃnimos, onde non se toca a RPT, onde a valoración dos postos de traballo “volve a crear tantos ou máis agravios comparativos que antes” según a CIG. Alén diso, a oferta do aumento do salario non se consolida pois faise como un “agasallo complementario”, o que hoxe dou, mañán retÃroo, e que os traballadores non verán ata o 2009.
O argumento da concelleira é que non se pode facer, porque non hai diñeiro. Mentras, os salarios dos polÃticos “profesionais”, suben, mentras, se gastan máis de 3 millóns de euros nun “ascensor” a ningures ou nun tranvÃa que non vale máis que para os turistas, etc. Non hai diñeiro para os traballadores, máis si para eles e os seus gastos faraónicos.
Ainda asi, os traballadores na asemblea votaron a favor do preacordo de mÃnimos, coa condición de que foran levantadas as sancións impostas ao longo das mobilizacións. E novamente outra provocacion, a contestacion da concelleira é, “voume de vacacións”, nunha falta de respeto aos traballadores incribel.
A negativa á Relacion de Postos de Traballo ten unhas consecuencias claras, unha perda real de poder adquisitivo dos traballadores ao longo dos últimos anos, nunha situacion de suba constante do custo da vida, das hipotecas, etc., polo que é imprescindibel que o goberno do PSOE-BNG acepten, xa, as propostas dos traballadores e das organizacións sindicais que as apoian e retiren imediatamente os expedientes abertos contra eles.
Facer o contrario é facer polÃtica de dereitas, e para iso xa chegan os herdeiros de Paco Vázquez e o PP, non se necesita a ninguén máis. Se as reivindicacións dos funcionarios non son atendidas, o BNG, como organización que se dà de esquerdas, tén que escoller, ou manterse no goberno municipal e ser cómplice dunha concelleira e un alcalde enfrontado aos traballadores, ou sair do goberno municipal. Non hai medias tintas, nin “esixencias” valeiras de contido, que non vaian acompañadas de feitos.
Corrente Vermella apoiará as mobilizacións dos traballadores do Concello pola retirada inmediata dos 56 expedientes, e por unha RPT xusta.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.