Actualidad de Política

Noticias politica

A Xunta e o TSXG acordaron solicitar ao Ministerio de Xustiza a creación de tres novos xulgados do Social en Vigo, Lugo e Santiago de Compostela. Ademais destas tres unidades -cifra ofertada polo Goberno central-, tamén se trasladará que é moi necesaria a creación dun xulgado de Primeira Instancia na Coruña e a dotación de catro xuíces de Adscrición Territorial, un para cada provincia, así como dun maxistrado para a sección segunda da Audiencia provincial da Coruña.
A pedra seca galega vén de ser incluída na lista representativa do patrimonio inmaterial da UNESCO como parte dunha candidatura conxunta de oito países europeos liderada por Grecia e Chipre e na que participa, entre outros, o Estado español. Así o decidiron hoxe os representantes deste organismo no marco da décimo terceira reunión anual do Comité intergobernamental de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial celebrada en Port-Louis (República de Mauricio), na que por parte da Xunta de Galicia participou a directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez Ínsua. A participación galega na candidatura internacional da pedra seca (ou pedra en seco) é compartida con outras sete comunidades autónomas.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo reuniuse hoxe en Madrid co Secretario de Estado de Política Territorial, Ignacio Sánchez Amor, a efectos de abordar as aportacións e peticións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal de cara ao Cumio Hispano-Luso que terá lugar en Valladolid o vindeiro 21 de novembro. Os Cumios ibéricos (tamén chamados Cumios Hispano-Lusos ou Hispano-Portugueses) son reunións anuais bilaterais entre o Presidente do Goberno de España e o primeiro Ministro de Portugal. Adoitan asistir, ademais, os titulares dos departamentos ministeriais.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incidiu hoxe no seu discurso de apertura do Debate sobre o Estado da Autonomía na necesidade de preparar a Galicia do Xacobeo de 2021, con orgullo, cun crecemento ordenado e igualitario e con menos cargas fiscais. Para garantilo, confirmou que “o próximo ano en Galicia haberá presupostos, haberá menos débeda e baixaranse os impostos”. E, para iso, aseverou, o Goberno que preside empregará todos os recursos que permite o autogoberno, co obxectivo de que a Comunidade estea protexida ao máximo posible.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nomeou hoxe un novo Goberno que seguirá traballando cada día desta segunda parte de lexislatura. Durante o acto de toma de posesión dos novos membros do Executivo autonómico, Feijóo lembrou que desde o ano 2009 Galicia foi pioneira á hora de acompasar e adaptar o Goberno ás necesidades de cada momento: foi a primeira en reducir o tamaño do Goberno, nunha época de dificultades que así o esixía. En 2015, volveu cambiar para adaptarse aos retos da incipiente recuperación económica, “e, hoxe, cando acabamos de superar o ecuador da lexislatura, reforzamos as áreas máis necesarias para construír o futuro”, sentenciou.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asinou hoxe os decretos polos que se modifica a estrutura do Goberno galego e nomea novas conselleiras e conselleiros. A renovación da Xunta prodúcese despois de que dous conselleiros —Beatriz Mato e José Manuel Rey— decidisen deixar o Goberno para concorrer como candidatos ás próximas eleccións municipais e supón un novo impulso para abordar os retos aos que se enfronta Galicia ás portas dunha nova década. A remodelación reforza os ámbitos cultural e turístico, coa vista posta no próximo Xacobeo 2021.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o novo Plan Básico Autonómico, xunto ao compendio de actuacións levadas a cabo desde 2009, contribuirá a converter Galicia nunha das rexións a nivel europeo cun coñecemento máis claro, exhaustivo e actualizado do seu territorio e da súa regulación urbanística. “Estamos a falar dun plan deseñado polo conxunto dos galegos e que beneficiará ao conxunto dos galegos”, aseverou, referíndose aos 49 concellos que se rexen polas Normas Provinciais de 1991, nos que o plan será de aplicación directa.
Este domingo, van ser homenaxeados en Guitiriz os chamados “Irmáns da lexía”, catro mozos coruñeses represaliados en 1936. Dous deles, France e Bebel, foron fusilados; a Jaurés aplicáronlle a “Lei de fugas”, e Pepín salvou a vida exiliándose en Hispanoamérica. Selva, filla de Pepín, participará nos actos de homenaxe. Homenaxear aos “Irmáns da lexía” é unha teima de décadas de Alfonso Blanco Torrado, crego en Guitiriz e revitalizador da cultura da Terra Chá a través de Xermolos e a Irmandade Manuel María, sendo obra súa o anual Festival de Pardiñas.
A comunidade galega é a primeira de España en dispoñer dun Plan de Ordenamento do territorio que se vai aplicar nos 38 concellos de menos de 5.000 h. que aínda se rexen polas Normas Provinciais de 1991 e, complementariamente, nos 177 suxeitos a normas subsidiarias municipais ou PXOM desactualizados, o que suporá importantes beneficios en materia urbana para todos os núcleos de poboación de Galicia.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosou hoxe a súa satisfacción ante o compromiso do Goberno central de manter os prazos fixados polo anterior Executivo para a chegada do AVE a Galicia no último trimestre de 2019. “O AVE estará funcionando en probas o ano 2019 conforme aos compromisos asumidos co anterior Goberno”, aseverou Feijóo nunha rolda de prensa despois de reunirse co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para trasladarlle as principais reivindicacións da Comunidade galega.
« Anterior | 32  de  158 | Siguiente »

Notas politica

Na residencia oficial de Monte Pío tivo lugar o primeiro encontro entre os representantes dámbalas dúas institucións.
Membros do Goberno galego asisten a este acto presidido polo titular do Executivo autonómico.
As xornadas de paro están convocadas para os días 19 e 31 de xullo. Os sindicatos califican de abusivos os servizos mínimos decretados pola Xunta cun 40% do total dos efectivos.
Ambas forzas políticas acordan constituir un goberno de progreso no organismo provincial lucense, logo da retirada do que fora o seu presidente durante 24 anos, o popular Francisco Cacharro.
A empresa terá que readmitir aos traballadores despedidos en marzo, ou indemnizalos. A sentenza recolle que os contratos puideron facerse no seu día en fraude de lei.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES