Notas de prensa

CC.OO. e CSIF chaman á folga a case 4.000 brigadistas de estinción de lumes

As xornadas de paro están convocadas para os días 19 e 31 de xullo. Os sindicatos califican de abusivos os servizos mínimos decretados pola Xunta cun 40% do total dos efectivos.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) e CSI-CSIF chaman a case 4.000 brigadistas do Servizo contra Incendios Forestais (SDCIF) á folga os días 19 e 31 de xullo. Na conferencia de prensa que organizaron na sede nacional de CCOO, en Santiago de Compostela, as dúas centrais sindicais lembraron que con estes paros preténdese esixir a «reapertura inmediata» da mesa de negociación e, ao tempo, «rexeitar a privatización do que debe seguir sendo un servizo público».

Os representantes de CCOO e CSI-CSIF, Emilio Doforno e Juan Carlos Rivas celebraron que «hai catro sindicatos pedíndolle á Xunta que se aveña a negociar», en referencia a estas dúas centrais mais CIG e UGT. Precisamente, foron estes os sindicatos que no seu día asinaran un «acordo de eficacia limitada» que non se traduciu en melloras para o persoal. Desde CCOO e CSI-CSIF interpretan agora este xesto como unha proba de que «o texto que asinaron non era tan bo como quixeran facer ver», e criticaron que se dea a coñecer o acordo entre as dúas centrais nun
momento no que hai un paro convocado, o que só se pode entender «como un intento por desmobilizar e introducir un elemento de confusión e de distorsión».

Con todo, o coordinador do sector da Administración autonómica de CCOO, Emilio Doforno, apelou aos delegados e afiliados da CIG e da UGT para que tamén secunden os paros «desde esta unidade sindical que celebramos» (en referencia a que tamén asuman
a necesidade de que é preciso negociar, aínda que o fagan coas súas propias propostas), independentemente «da postura das súas direccións».

Servizos mínimos «abusivos»

No que atinxe directamente aos paros, Doforno e Rivas criticaron duramente os servizos mínimos impostos pola Xunta logo de que na reunión do pasado venres, día 13, non se chegase a un acordo neste punto. Cualifícanos de «abusivos», xa que abranguen a todo o persoal dispoñible para o momento dos paros, isto é, os traballadores e traballadoras da quenda de mañá -as mobilizacións comezan ás 10 h-, que representan sobre o 40 % do total de efectivos.

Precisamente, o coordinador do sector da Administración autonómica de CCOO salientou a forza de vontade do persoal que acudirá ás mobilizacións, «centos de compañeiros que acudirán no seu tempo libre para manifestarse en defensa dos seus dereitos e nos dos compañeiros que non poderán acudir por culpa das trabas impostas desde a Xunta», apuntaba en referencia aos servizos mínimos.

CC.OO. + CSIF, 2007-07-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES