Notas de prensa

CC.OO. gaña os xuízos contra Atento por despido improcedente

A empresa terá que readmitir aos traballadores despedidos en marzo, ou indemnizalos. A sentenza recolle que os contratos puideron facerse no seu día en fraude de lei.

A Xustiza deulle a razón a Comisións Obreiras (CCOO) no xuízo contra empresa Atento polos despedimentos que esta realizou o pasado mes de marzo. A sentenza non considera probada a caída de actividade, e polo tanto asegura que non existe causa para a finalización de contrato por fin de obra. Trátase, xa que logo,
de despedimentos improcedentes. Ademais, no fallo recóllese que presumiblemente os contratos foran realizados no seu día en fraude de lei, pois sobrepasaban os límites temporais que determinaba o propio convenio.

En virtude desta sentenza, Atento Teleservicios España S. A. deberá optar entre readmitir os traballadores despedidos ou abonárlle-las correspondentes indemnizacións a razón de 45 días por ano, incluíndo tamén os salarios de tramitación comprendidos entre a data do despedimento e a notificación da sentenza.

CCOO celebra a decisión xudicial, xa que ratifica a principal tese defendida polo sindicato desde o principio: os despedimentos eran improcedentes, pois non existía ningunha caída da actividade. Desde o sindicato indican que «seguimos mostranto o
noso máis absoluto rexeitamento dos despedimentos realizados por Atento», ao tempo que lle esixen á empresa que «modifique a súa actitude» e readmita o persoal que o solicite.

Xerardo Uz (Oficina de Prensa de CC.OO.), 2007-07-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES