
Precisamente, diante da súa teima e dado que ten importantes problemas de saúde, os seus amigos máis directos ergueron no alto da parroquia de Santa Mariña un monumento, creado polo artista Valdi (Xosé Val Dìaz), que honra aos Irmáns, e tamén a Alfonso Blanco Torrado.
Dentro dos actos a celebrar este domingo está o "Primeiro Memorial Irmáns da Lexía ás 11:00 cun partido alevín e xuvenil no campo de Guitiriz. E ás 12:00, xogarase o I Trofeo Bebel en honor a Bebel García xogador do Deportivo nos anos da República.
Ás 14 horas realizarase unha ofrenda froral no monumento de Santa Mariña de Lagostelle. A continuación haberá un xantar de irmandade. Os actos rematarán ás 17 horas con diversas actuacións musicais.
A homenaxe está organizada pola Irmandade Manuel María, e Xermolos, xunto con Riazor Blues coa adhesión de numerosos colectivos, entre eles a Asociación de Recuperación da Memoria Histórica.

A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.