Notas de prensa

Educación asume a xestión do centro Almirante Juan de Lángara e Huarte

A Xunta aprobou o traspaso deste centro educativo de Ferrol, pertencente ata o de agora ao Ministerio de Defensa, no que se imparte educación infantil, primaria e primeiro ciclo da ESO.

A Administración do Estado vén de traspasarlle á Comunidade Autónoma de Galicia os medios económicos para o colexio Almirante Juan de Lángara e Huarte, de Ferrol, que imparte as ensinanzas de educación infantil, primaria, e o primeiro ciclo da Educación Secundaria Obrigatoria (1º e 2º cursos de ESO). O curso 2006/2007, este centro rexistrou unha matrícula de 68 alumnos/as en educación infantil, 130 en educación primaria, e 18 no primeiro ciclo de ESO.

O Consello da Xunta aprobou o Decreto sobre a asunción dos medios económicos transferidos polo Estado en materia de educación á Administración educativa galega para o colexio Almirante Juan de Lángara e Huarte. En virtude deste decreto, cédese á Comunidade galega, por un período de setenta e cinco anos, o uso do ben inmoble onde se atopa ubicado este centro.

O custo efectivo anual dos medios que se traspasan á Comunidade galega ascende a un total de 390.976,67 euros. Así mesmo, o Ministerio de Defensa entrega á Xunta a cantidade de 70.000 euros, por unha soa vez e sen integrarse no custo efectivo, para financiar actuacións de rehabilitación e mellora das instalacións, así como de supresión de barreiras arquitectónicas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 2007-09-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES