
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, foi recibido en Monte PÃo polo Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, para desbloquear polÃticamente varios asuntos en beneficio da provincia e iniciar unha relación “de normalidade, lealdade mutua e cooperación intensa”, como a definiu o responsable do Executivo Galego. Ãmbolos dous lÃderes desbloquearon polÃticamente a transferencia dos hospitais, unha xestión necesaria para que os Hospitais de San Rafael e San Xosé pasen a ser xestionados definitivamente polo SERGAS.
Despois de darlle “as miñas felicitacións e parabéns polo seu nomeamento”, o Presidente da Xunta resumiu o carácter da “nova etapa” que se abre entre a Deputación e a Xunta: “Tivemos a oportunidade de facer un repaso amplo de temas que preocupan ó Presidente da Deputación e que compartimos. Estamos nun estado onde é fundamental que cada un exerza o seu traballo e competencias, desde esa vontade de transparencia onde as administracións sirvan ós cidadáns e exerzan a súa complementariedade”. Neste amplo repaso houbo tres temas fundamentais: a transferencia de hospitais da Deputación ó SERGAS, o reequilibrio territorial e a comarcalización dos parques de bombeiros.
O Presidente da Deputación agradeceu ó mandatario galego “que no inicio deste curso polÃtico teña presente a provincia de Lugo. Para Lugo é especialmente importante a coordinación con todas as administracións, a cooperación dirixida ós concellos -que son o noso obxectivo-, que os cidadáns teñan mellores condicións de vida e, por suposto, a transparencia”. Para Gómez Besteiro, “o que fixo hoxe o Presidente é apostar pola normalidade entre a Deputación e a Xunta de Galicia. Ata o de agora non era posible. Creo que é un dÃa grande para a provincia de Lugo”, concluiu.
Transferencia dos hospitais
“Unha asignatura pendente era a transferencia dos hospitais. As deputacións non están para servir servizos hospitalarios. O caso de Lugo era unha illa no medio do océano. O lóxico é o sentido común. Queremos que impere, ser más eficaces e eficientes no servizo ós veciños. O obxectivo último é a transferencia dos hospitais ó Servizo Galego de Sáude”, explicou o Presidente da Deputación. Na actualidade, e aÃnda que é unha situación anácronica no marco galego, a Deputación xestiona os hospitais de San Rafael e San José que suman un total de 272 traballadores e unha superficie de 19.541 metros cadrados.
O Presidente da Xunta explicou que nas vindeiras datas a Conselleira de Sanidade abordará este asunto directamente coa Deputación de Lugo.
Plan de reequilibrio territorial
Outro dos asuntos foi o Plan de Reequilibrio Territorial. “Fixemos do reequilibrio territorial unha rúbrica e prioridade fundamental da acción de goberno. Por primeira vez na historia de Galicia hai un plan de reequilibrio territorial, un desafÃo colectivo. Na provincia de Lugo ten un investimento superior ós 800 millóns de euros, por enriba do 30% do total de investimento. Desde a Presidencia hai unha vontade de rematar con esa polÃtica opaca, de falta de transparencia e criterio democrático para sustituÃla polos obxectivos comprometidos de equidade e transparencia. O plan nacerÃa morto se esa non fora a vontade da Xunta e da Deputación”, afirmou Pérez Touriño.
Dentro deste plan, o primeiro obxectivo será “racionalizar o mapa das rede provincial coa rede autonómica. Quero agradecer o compromiso do Presidente coa Galicia interior. Iso serviranos para coordinar a rede provincial coa autonómica”, afirmou o Presidente da Deputación. Para Gómez Besteiro a actualización da titularidade de estradas facilitará “o mantemento das mesmas, a seguridade vial e a mobilidade da provincia”. Na actualidade a Deputación de Lugo xestiona preto de 5.000 quilómetros cadrados de estradas provinciais, o maior número en España. O 42% das estradas provinciais de Galicia están en Lugo.
Parques de bombeiros
Na xuntanza tratáronse numerosos asuntos, pero o terceiro tema que marcou a entrevista dos dous mandatarios foi os parques de bombeiros. “Temos que ter unna polÃtica moderna, eficaz, para que as comarcas teñan un servizo bo. Ata o de agora isto era inexistente, o que é grave. A deputación ten que aportar neste servizo de parques comarcais de incendios”, afirmou o Presidente da Deputación, para o que se trata “dun servizo básico para os concellos”.
Nas vindeiras semanas, a Deputación de Lugo abordará directamente cos Conselleiros responsables varios dos asuntos como estes, pendentes históricamente entre ámbalas dúas administracións.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.