Notas de prensa

Segundo debate do Estado da Autonomía do Goberno bipartito (PSdeG-BNG)

A posta en valor dos dous anos de Goberno e as liñas estratéxicas das políticas para o vindeiro bienio, eixos da intervención do presidente da Xunta.

O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, analiza no seu segundo Debate sobre o Estado da Autonomía como presidente da Xunta os principais eixes que sustentaron as políticas do seu Executivo nestes dous anos de goberno e trazará as liñas estratéxicas do próximo bienio. Touriño anuncia relevantes medidas en materia económica, social e de ordenación territorial que se porán en marcha proximamente, o que evidencia o compromiso do Goberno que preside coa aposta polo crecemento económico da Comunidade Autónoma, coas políticas sociais e coa necesidade de acompañar o crecemento económico e a mellora social cun modelo de desenvolvemento territorial e ambiental sustentable e equilibrado.

Na súa intervención, o presidente do Goberno galego porá en valor as políticas desenvolvidas pola Xunta ao longo destes dous anos enxalzando, especialmente, as políticas económicas que sentaron as bases dun novo modelo de desenvolvemento, así como as políticas de emprego e as políticas sociais que afectan a áreas específicas como a educación, a sanidade ou á vivenda, entre outras.

Touriño referendará no seu discurso a boa marcha da economía galega, que leva dous anos medrando por enriba da media estatal, e destacará medidas impulsadas de fondo calado social como a posta en marcha da gratuidade dos libros de texto, a extensión da figura do acompañante escolar e dos comedores, a ampliación do programa de saúde bucodental ou a redución das listas de espera.

Pérez Touriño tamén salientará os pasos dados para potenciar un modelo sanitario público e de calidade, ao terse incrementado o orzamento destinado a este capítulo baixo o seu mandato en case 1000 millóns de euros e terse reducido a totalidade da débeda esixible, ao tempo que se iniciou o proceso para a supresión das fundacións sanitarias.

Paralelamente, referirase ao compromiso do Goberno galego coas políticas de vivenda que se ten traducido no impulso de programas de axuda ao acceso á vivenda en aluguer, especialmente para mozos e persoas con rendas máis baixas, ou o forte pulo dado ao proceso de cualificación de vivenda protexida nesta lexislatura.

Así mesmo, lembrará os esforzos realizados para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, coa primeira lei galega nesta materia ou as axudas económicas ás vítimas de malos tratos, así como a constitución do consorcio de servizos sociais. Así mesmo, o titular da Xunta resaltará á relevancia da conformación das mesas de diálogo social e o pacto polo emprego acadado cos sindicatos.

Tamén porá en valor o presidente da Xunta as decisións adoptadas polo seu Goberno en materia de peaxes, coa supresión das de Rande, A Barcala e Dozón-Ourense. E remarcará o feito de que o seu Goberno estea a promover o triple de quilómetros de vías de alta capacidade que os gobernos do PP, ademais de salientar o impulso dado ás políticas de ordenación territorial, que teñen na lei de medidas urxentes de protección do litoral un expoñente senlleiro como dique de contención contra a especulación e a degradación do solo.

En materia ambiental, o presidente salientará as políticas adoptadas polo Goberno que preside para protexer o medio e potenciar o saneamento e depuración de augas, como o Plan de Saneamento Integral das rías, dotado con máis de 650 millóns de euros para corrixir os graves déficit herdados neste eido. Asemade, apuntará as grandes liñas estratéxicas do Goberno neste ámbito de cara ao resto de lexislatura.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES