
No tocante ás medidas financeiras, o presidente da Xunta fixo fincapé na necesidade da apertura de liñas de liquidez extraordinaria unha liña de avais do ICO- e da flexibilización das regras fiscais; ademais de coñecer os recursos financeiros que imos ter este ano, os recursos ordinarios, dixo, destacando, tamén, a importancia de, unha vez superada a crise, facer balance do impacto financeiro, nas contas das administracións públicas.
Entre as medidas propostas en relación ao rural, Feijóo resaltou a prórroga de todos aqueles contratos que venzan durante a vixencia do estado de alarma por exemplo, os contratos de recollida do prezo do leite-, e evitar así unha situación de interinidade para o agricultor ou gandeiro.
En materia de transporte público, cremos necesario limitar a capacidade dos servizos de transporte público de viaxeiros por estrada, ferroviarios, aéreos e marítimos, así como un fondo de continxencia para evitar Ertes neste sector, explicou, referíndose tamén aos subministros, sobre os que se propón ao Goberno central que no decreto se engada os servizos básicos de abastecemento e saneamento aos de subministro da enerxía eléctrica, xa que todos son básicos para a poboación.
Por outra banda, e para evitar a destrución do tecido produtivo durante a crise e permitir a súa recuperación cando volva á normalidade, reclama facilitar a liquidez nos sectores afectados, con tres grandes bloques de medidas: inxectar liquidez a todas as administracións públicas para que poidamos non só non recibir ingresos dos impostos propios, senón aprazar taxas, prezos públicos e impostos; unha liña do ICO e doutras institucións para achegar liquidez tamén ás administracións públicas; e aprazar sen custo o pago de cota de préstamos a empresas e autónomos.
En relación a este último punto, Feijóo destacou a necesidade de que se exima do pago do 100% da cota aos afectados, e estender esta tarifa plana de autónomos unha vez se decrete a fin do estado de alarma. E tamén propoñemos outras medidas de apoio e de exención de pagos e impostos a traballadores por conta allea e empresas, con independencia do seu tamaño, precisou.
Feijóo valorou a coincidencia maioritaria por parte dos grupos con representación parlamentaria na preocupación pola situación dos traballadores que poidan quedar afectados por esta crise; polos máis vulnerables as persoas sen recursos, sen fogar-; e tamén polos profesionais da sanidade.
O presidente do Executivo galego aproveitou a rolda de prensa para reiterar o recoñecemento e agradecemento aos profesionais da sanidade; a todos os que están traballando para garantir os subministros; ás forzas e corpos de seguridade do Estado; e á comprensión e implicación do pobo galego. E garantiu o compromiso de que Galicia estará lealmente ao carón do Goberno de España, coordinados e sen siglas políticas.
A loita contra esta pandemia non é que sexa xa unha prioridade: é a nosa única prioridade, sentenciou, recordando que neste momento, en Galicia, hai 239 casos activos e tres falecidos.
Elección autonómicas 5A
No tocante ás eleccións autonómicas do 5 de abril, Feijóo anunciou que houbo consenso en que non se poden celebrar os comicios autonómicos nesa data. Todos coincidimos en que estas eleccións non se poden celebrar en ningún caso na data inicialmente prevista, abundou.
Co obxectivo de buscar unha fórmula, o presidente da Xunta confirmou que mañá volverá reunirse cos representantes dos principais partidos políticos galegos para avaliar unha proposta.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.