O Valedor do Pobo abriu unha queixa de oficio na que se fai eco dos presuntos problemas co transporte escolar que afectan a alumnos das localidades luguesas de Taboada e do núcleo de Vilaxuste en Portomarín. O alto comisionado do Parlamento pide á Consellería de Educación que no prazo de quince días facilite información sobre se son certos os feitos descritos polos medios e en caso afirmativo que aclare que medidas tomou para poder dar solución a este conflicto.
Segundo o escrito do Valedor, a trarverso dos medios, constaouse que no caso de Taboada os alumnos teñen que caminar ata un quilómetro para coller o autobús que os leve ao Colexio Santo Tomé do Carballo. En Vilaxuste o problema e outro, tal e como
recolle o expediente: É que non existe transporte escolar xa que, ao parecer, o Concello de Guntín sufragaba o transporte pero agora suspendeuno porque cre que debe afrontalo a Consellería de Educación.
Froito das inquedanzas dos pais dos estudiantes o Valedor do Pobo cursou a correspondente queixa dirixida á Consellería de Educación co obxecto de promover de oficio a oportuna investigación sumaria informal que permita esclarecer os supostos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.