Noticias

Feijóo reúnese cos representantes dos partidos para falar sobre a convocatoria electoral tras coñecer os informes sanitarios e xurídicos

Alberto Núñez Feijóo, mantivo unha reunión cos representantes das principais formacións políticas galegas para coñecer a súa opinión sobre unha posible convocatoria electoral, despois de terlles enviado onte catro informes de expertos sanitarios e un informe xurídico no que se conclúe que se poderían convocar eleccións á maior brevidade e que o principio do verán sería o momento máis seguro. Feijóo mantivo un encontro presencial cos representantes de PPdeG -Pedro Puy-, PSdeG -Gonzalo Caballero-, BNG -Ana Pontón- e Podemos -Antón Gómez-Reino; estiveron a través de videoconferencia os representantes de En Marea -Francisco Casal- e de Ciudadanos –Beatriz Pino-.

O presidente da Xunta tomará unha decisión sobre a data da convocatoria electoral unha vez oídos os partidos e tendo en conta os informes dos expertos sanitarios sobre a evolución previsible da pandemia. Segundo dixo onte, os documentos expresan que o momento que ofrece menos incertezas para votar é o principio do verán, sendo a seguridade sanitaria maior canto antes se celebren os comicios e aumentando co paso dos meses, por un previsible rebrote en outono e porque xullo e agosto son os meses de maior afluencia de visitantes a Galicia procedentes doutros territorios.

No plano xurídico, hai que recordar que despois de que a pandemia obrigase a suspender o proceso electoral previsto o 5 de abril existía o compromiso de activalo no prazo máis breve posible e que o vixente estado de alarma, que foi aprobado no Congreso dos Deputados, habilita expresamente para convocar comicios autonómicos.

Feijóo trasladou aos partidos que tomará a decisión máis responsable segundo os datos certos que se coñecen e insistiu en que, en todo caso, o Goberno galego segue tendo como prioridade a loita contra a pandemia e a reactivación social, laboral e económica das familias e das empresas galegas.

R., 2020-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES