José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación Provincial de Lugo, e José Luis Méndez López, director xeral de Caixa Galicia, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha do Plan Estratéxico provincial.
Segundo o texto asinado, o Centro de Investigación Económica e Financeira da Fundación Caixa Galicia (CIEF), un dos organismos de maior prestixio do Estado, será o encargado de preparar esta ferramenta, unha precisa radiografía da situación da provincia de Lugo, un diagnóstico que poña de manifesto razoadamente as súas fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades, así como os posibles tratamentos para mellorar e potenciar a saúde socioeconómica de todos os lucenses.
O presidente da Deputación de Lugo destacou que esta provincia precisaba dun plan estratéxico como este, serio e ambicioso, porque a Lugo non lle sobra tempo. Temos case catro anos para remontar o tempo perdido e hoxe, entre todos, cumprimos un dos compromisos adquiridos no meu discurso de investidura e que marcará un antes e un despois no desenvolvemento provincial.
Gómez Besteiro fixo fincapé en que despois de saldar débedas históricas da Deputación, chegou o momento de construír: Na primeira etapa deste equipo de goberno estivemos cicatrizando feridas que había abertas, tendendo pontes que non estaban feitas. Agora trátase de construír cousas pensando claramente no futuro e unha delas é isto: o Plan Estratéxico. Para nós é un obxectivo prioritario, por iso facémolo da man de quen sabe facelo porque non queremos perder tempo.
O director xeral subliñou que queremos contribuir a la elaboración del Plan Estratégico para abordar de forma conjunta con todos los agentes sociales un foro que permita reflexionar sobre las debilidades y fortalezas que se observan en la provincia. Con una meta: transformar a la provincia en un territorio mejor articulado y más eficiente que permita mejorar la calidad de vida de sus ciudadanos.
A necesidade da realización dun Plan Estratéxico que analice a realidade actual da provincia -e que despois indique as medidas máis axeitadas para potenciar o seu desenvolvemento- xurdiu doutra iniciativa na que participan a Deputación e Caixa Galicia, o Foro Prolugo, no que tamén toman parte a Universidade de Santiago, o Concello, a Federación de Comercio, a Confederación de Empresarios, a Cámara de Comercio, a Fundación CEL e sindicatos.
Dende este foro constatouse a necesidade de promover a análise, a reflexión e o intercambio de experiencias, opinións e coñecementos sobre a situación da provincia, unha demanda que pretende solucionar este Plan Estratéxico.
O Plan Estratéxico de Lugo, que abranguerá o período 2008 2013, baséase no compromiso e cooperación pública e privada dos principais axentes económicos e sociais da provincia, e a participación e colaboración cidadá na construción dun futuro de progreso para os municipios lucenses.
Doutra banda, segundo a información achegada polas institucións promotoras, o orzamento para elaborar esta ferramenta cífrase en 240.000 euros durante os anos 2008 e 2009, a razón de, aproximadamente, 168.000 euros neste ano e 72.000 euros no seguinte.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.