Notas de prensa

O vicepresidente da Deputación fai unha visita institucional a Begonte

A Área de Cultura e Deportes adicará máis de dous millóns de euros dos seus orzamentos a cumprir cos convenios que o goberno anterior deixou asinados con diversos concellos como o de Begonte.

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, realizou unha visita institucional ao concello de Begonte onde foi recibido polo alcalde e por membros da corporación. Logo de realizar unha visita ás dependencias municipais, o vicepresidente plasmou a súa sinatura no libro de ouro do concello. Tras a sinatura houbo un intercambio da agasallos institucionais entre o vicepresidente, Antón Bao, e o alcalde, Xosé Antonio Vázquez, e unha pequena rolda de prensa onde Antón Bao anunciou o compromiso, do goberno da deputación, de manter o convenio para a construcción das piscinas do concello de Begonte, este convenio suporá unha inversión, da Área de Deportes, de un total de 321.434,63 €, en dúas anualidades. A Área de Deportes destinou, nos orzamentos do 2008, un total de 321.434,63 € para cumprir co convenio establecido entre a Deputación e o concello de Begonte para a realización da obra de área recreativa e piscinas. Neste convenio estaba establecido que este orzamento se executase entre os ano 2007 e 2008, e tras un acordo entre as dúas administracións as obras executaranse entre os anos 2008 e 2009. O alcalde de Begonte, o independente Xosé Antonio Vázquez, e o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, mantiveron unha xuntanza no despacho da alcaldía, xunto con outros membros da corporación, para analizar as posibilidades de colaboración entre ámbalas dúas institucións.

Tras visitar a casa do concello o vicepresidente da Deputación desprazouse, ata as instalacións do Club Fluvial de Begonte, onde mantivo unha xuntanza con membros da directiva desta entidade. Nesta xuntanza coñeceu de primeira man as actividades anuais desta sociedade recreativa. O vicepresidente mantivo unha xuntanza con membros da directiva da asociación Castiñeiro Milenario na que lle expuxeron as actividades e proxectos deste colectivo que traballa pola recuperación das tradicións e do patrimonio material e inmaterial da comarca.

MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS PARA CUMPRIR COS CONVENIOS DO GOBERNO ANTERIOR

Antón Bao lembrou, na súa comparecencia ante os medios de comunicación, o esforzo que supón para a Área de Cultura e Deportes da Deputación cumprir cos convenios asinados, con concellos como o de Begonte, polo anterior goberno provincial. Segundo Antón Bao dos 3.037.136,09 de euros de inversión, en instalacións deportivas, que se recollen nos orzamentos da área de Deportes un total de 2.152.136 de euros irán destinados á execución das obras proxectadas nos convenios antes citados. Antón Bao sinalou que “en todo momento tivemos presente que o feito de terse producido un cambio de goberno na deputación non debía de supoñer un menoscabo para os dereitos dos veciños e veciñas dos concellos cos que a Deputación tiña asinado convenios que o anterior goberno aínda non executara”. Nesta mesma liña o vicepresidente da Deputación indicou que “dende a Área de Deportes quixemos manter un dialogo cos concellos que lles permitira as novas corporacións, xurdidas das últimas eleccións municipais, introducir cambios e modificacións nos proxectos que se redactarán en base aos convenios que deixaran asinados os anteriores gobernos”. Bao explicou que en algúns casos haberá modificacións que permitirán axeitar e racionalizar os proxectos ás realidades dos concellos.

Vitor Otero (Xefe de Gabinete Vicepresidencia 1ª Deputación de Lugo), 2008-06-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES