Noticias

O Plan Estratéxico da Década Xacobea 2021-2032 deseñará unha folla de ruta que aproveite as sinerxías dos tres próximos anos santos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobeo 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxias dos tres próximos anos santos. Alfonso Rueda compareceu esta mañá na Cámara galega, a petición propia, para explicar as previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento nesta lexislatura 2020-2024, onde indicou que o turismo é un dos sectores clave para a recuperación económica da nosa comunidade polo que se potenciara o Xacobeo como oportunidade única para a proxección exterior de Galicia, de maneira que se buscarán e potenciarán proxectos que se prolonguen no tempo e sexan mais sustentables e fortalezan a marca Galicia.

Cara o Xacobeo, modernizarase a Rede Pública de Albergues de Peregrinos, co incremento das medidas de seguridade e a promoción do sistema de reserva online para que os usuarios poidan coñecer con antelación a súa ocupación. Ademais, establecerase un plan de protección civil específico de atención ao peregrino, crearase unha unidade na policía autonómica para promover a súa seguridade e proporase a creación dunha comisaría en Santiago, ademais de colaborar coa Catedral de Santiago para poñer en marcha un sistema de control de accesos á catedral, a xestión de fluxos de visitantes e a posta en marcha dunha app para o control dos fluxos turísticos en Santiago.

A adaptación do turismo aos novos tempos e a recuperación da súa actividade enmarcase nunha articulación integral do sector turístico galego, nun apoio constante á innovación na promoción da desestacionalización do sector, e tal e como resaltou Alfonso Rueda, ao impulso do Camiño de Santiago e á reformulación do Xacobeo 2021.

Adaptación e mellora continua dos servizos públicos

O vicepresidente primeiro indicou que nestes momentos, unha das prioridades, é adaptar a prestación e mellora continua dos servizos públicos á situación actual, recuperando ademais o traballo atrasado polo estado de alarma.

Nesta nova lexislatura, Alfonso Rueda indicou que ademais de seguir mellorando os xulgados galegos se proporá, en colaboración co Concello de Santiago e a USC, a dotación dunha nova sede administrativa para o IMELGA dotada de novos medios técnicos e científicos; se rematará a posta en marcha das salas de vistas dixitais; estenderanse as actuacións en materia de expurgo aos arquivos territoriais da Coruña, Ourense e Pontevedra, así como a diferentes unidades xudiciais da comunidade.

Lembrou tamén que cando o Ministerio de Xustiza publique o decreto botarán a andar as novas unidades solicitadas para este ano -os tres Xulgados do Social en Lugo, A Coruña e Vigo- o que supón un forte investimento por parte do Goberno galego, polo que reclamou ao Estado un apoio económico, para as medidas de recuperación, para o material de prevención da covid-19 posto a disposición dos usuarios e traballadores, para o reforzo na limpeza, así como para o persoal de reforzo solicitado nos Xulgados galegos e aboado pola Xunta. Indicou tamén que no marco do Plan de Infraestruturas xudiciais, durante os últimos 11 anos a Xunta investiu 115 millóns de euros. No primeiro trimestre do ano que vén remata a obra da Cidade da Xustiza de Vigo, que conta cun investimento total de 42,3 M€.

Alfonso Rueda lembrou que na pasada lexislatura se incrementaron as remuneracións dos avogados e procuradores da quenda de oficio, e durante a pandemia adiantouse o pago dos seus servizos. Ase mesmo, indicou que as Oficinas de Atención á Vítima que seguiron funcionando telefonicamente durante o estado de alarma, contarán un protocolo para o seu funcionamento e organización. Nesta liña, destacou a forte aposta da Xunta pola mediación e que á espera da nova norma anunciada polo Ministerio de Xustiza, en Galicia, ademais de proseguir cos convenios de mediación cos colexios de avogados, psicólogos ou Universidades.

Relación co Estado e defensa intereses de Galicia na UE

Alfonso Rueda indicou tamén que agora mais que nunca é sumamente importante o diálogo e manter unhas axeitadas relacións institucionais, tanto co Goberno central como na UE. Neste sentido, destacou a urxencia de retomar a normalidade no formato da Conferencia de Presidentes, coa súa convocatoria, asuntos a tratar e intervencións das Comunidades Autónomas. E anunciou que será solicitada unha reunión bilateral para tratar cuestións , como o pago do IVE que aínda nos debe o Estado ou o traspaso da titularidade da AP-9.

Nas relacións institucionais coa UE, avanzou que se seguirá demandando que Galicia manteña o nivel dos fondos de cohesión do período 2014-2020 e para iso a Xunta traballa xa de forma conxunta con outros territorios como Asturias. Por outra banda, se fomentará que Galicia participe no Plan do Goberno de España para a percepción de Fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, o que supón unha contribución fundamental ao crecemento económico e á creación de emprego dos próximos anos, así como un impulso a transición ecolóxica e dixital, investimentos necesarios para Galicia.

Consolidación e mellora das emerxencias

No ámbito das emerxencias, o titular da Vicepresidencia primeira indicou que nos últimos anos se dotou á nosa comunidade dun novo mapa de emerxencias con maior cobertura, con equipamento renovado, con mais persoal, con máis formación e mellores sistemas de coordinación.

Indicou que nun eido como é o das emerxencias, sempre hai que seguir avanzando e mellorando como a creación dos novos GES, previstos no convenio asinado entre a Xunta de Galicia, Deputacións e FEGAMP; seguir afondando na comarcalización dos parques de bombeiros das cidades; avanzando no cambio no modelo de xestión dos parques comarcais de bombeiros, xa que iniciouse a xestión directa na Coruña e en Lugo pero seguen pendentes Ourense e Pontevedra.

Respecto a Protección Civil, Rueda gabou o gran labor que fan os voluntarios e reclamou que as Deputacións deben implicarse tamén na dotación de equipamento, xa que ata o de agora só o ven facendo o goberno autonómico, con 15,3M en 10 anos. O CIAE 112 Galicia, centro de referencia da xestión das emerxencias seguirá cos procesos de integración presencial e telemática dos servizos. O GALI seguirá reforzando o seu equipamento con mais drons para responder á crecente demanda das súas actuacións en eventos con gran aglomeración de persoas, procura de persoas desaparecidas, entre outros,

Ademais, de seguir apostando pola AGASP como centro de referencia para a formación dos corpos e forzas de seguridade, polo que mantense os procesos selectivos de policía local aos que xa se teñen adherido o 70% dos concellos con este servizo. Elaborarase un novo decreto de socorrismo acuático, que axilice as contratacións deste persoal por parte dos concellos galegos.

Continuarase incidindo na prevención, desenvolvendo e revisando plans de prevención de diferentes tipos de riscos e realizando simulacros. Entre eles, estase a consensuar un novo plan sectorial de protección civil de atención ao peregrino coa vista posta no Xacobeo 2021, estase tamén configurando a creación dun grupo policial específico dentro da Policía Autonómica para atención e auxilio ao peregrino e ás rutas xacobeas, para controlar o fluxo de visitantes e reforzar a seguridade nos albergues e no camiño.

Colaboración e cooperación cos concellos

Alfonso Rueda lembrou que durante os peores anos da crise económica, a Xunta sempre estivo ao carón dos concellos, garantindo por lei a participación mínima dos concellos nos orzamentos autonómicos, con 126,4M do Fondo de Cooperación Local. Indicou que dende a Xunta seguirase defendendo a autonomía local e a suficiencia das facendas municipais, reiterando a necesidade que o Goberno central atenda as demandas das entidades locais para que poidan dispoñer do 100% dos seus remanentes de tesourería.

Na vindeira lexislatura, o Goberno galego seguirá mantendo outras liñas de financiamento como as axudas para infraestruturas e investimentos, o Fondo de Compensación Ambiental ou as axudas a asociacións de veciños. E se seguirá potenciando a loita contra a vespa velutina, dando continuación ao Programa galego de retirada e destrución dos mesmos, 11.000 niños retirados en practicamente todo o territorio galego en colaboración cos concellos, investindo 2,3M euros.

Finalmente indicou que, con base á experiencia acadada na xestión da pandemia, a Administración autonómica contará cun protocolo marco para adoptar medidas extraordinarias ante sucesos imprevistos tales como emerxencias, forza maior ou riscos sanitarios e biolóxicos, e será instaurado un protocolo contra o acoso sexual nesta administración que complementa ao que xa está vixente dende o ano 2016, o protocolo contra o acoso laboral.

R., 2020-09-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES