Noticias

Galicia celebra unha xornada conmemorativa do 40 aniversario da promulgación do seu Estatuto de Autonomía

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao autogoberno galego como a historia dun éxito da España das Autonomías cuxo protagonismo corresponde ao conxunto da sociedade galega. Durante a clausura da xornada conmemorativa do 40 aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia, Feijóo salientou que fronte a ese modelo estable, no que a unidade dos galegos é un principio sagrado –“e a ruptura social o peor dos pecados que pode cometer un gobernante”-, existe outro que leva a unha crise crónica na que resulta difícil recompoñer os máis mínimos consensos.

“E non debemos esquecer que ese proceso que sume na incerteza a unha das comunidades que antano foi a vangarda de España, iníciase cunha reforma estatutaria precipitada e frustrante”, lembrou, incidindo na necesidade de ser extremadamente coidadosos á hora de derrogar, “aínda que sexa parcialmente”, o que funciona e suscita un acordo xeneralizado da inmensa maioría da poboación.

Ao longo da súa intervención, Feijóo subliñou que ademais de consolidarse unha “autonomía do benestar”, con servizos públicos de calidade, a Galicia autogobernada asume o reto de darlle unha resposta propia á crise do 2008, mediante medidas maduras e non sempre fáciles de adoptar e de entender. “A autonomía se responsabiliza e se corresponsabiliza de decisións transcendentes dando unha proba máis que notable de solidez e madurez”, dixo, recordando que o autogoberno volve a lexitimarse en momentos nos que, ao acerto nas decisións políticas debe sumarse a responsabilidade social para que o desenlace sexa esperanzador.

Sobre este punto, salientou que esa responsabilidade evidenciada na crise económica, reedítase na xestión da crise da covid-19, “na que as comunidades autónomas estamos xestionando a situación máis crítica, desde o punto de vista sanitario, dos últimos 100 anos en España”.

O responsable do Goberno galego quixo tamén agradecer a presenza no acto do presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas; “unha maneira excelente de subliñar que a Constitución e o Estatuto de Autonomía son expresións diferentes dunha mesma soberanía democrática”, sostivo, incidindo en que coa Constitución do 78, “España e Galicia fúndanse e fúndense como democracias, para converterse en realidades complementarias”.

Así mesmo, valorou que o Estatuto de Autonomía celebre o 40 aniversario da súa promulgación acompañado pola doutrina académica e o periodismo, dúas compañías que sempre estiveron a carón do proceso autonómico galego, garantindo tanto o rigor xurídico como a proximidade cidadá e a liberdade de prensa. “O papel dos que aportaron e aportan a súa visión académica foi e é esencial”, dixo, referíndose ademais á contribución dos medios galegos á gran obra colectiva do autogoberno.

R., 2021-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES