
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo e a directora da Asociación do Comité Español da UNRWA, Raquel Martí asinaron hoxe o convenio para levar a cabo un proxecto destinado a garantir o dereito á educación na Franxa de Gaza fronte á crise humanitaria agravada pola covid-19. O proxecto conta cun orzamento de 30.000 euros.
Segundo indicou Jesús Gamallo, o obxecto deste convenio é contribuír a través de UNRWA España a paliar as consecuencias a actual pandemia de coronavirus no ámbito educativo na Franxa de Gaza, centrándose en contribuír a un programa de educación desenvolto pola entidade, que ten como obxectivo asegurar que os nenos e nenas refuxiadas de Palestina teñan garantido o acceso a unha educación primaria de calidade, fronte á ameaza do COVID-19, aumentando a capacidade do sistema educativo para ofrecer servizos. O programa articúlase a través das 278 escolas que ten UNRWA en Gaza e a contribución da Xunta irá destinada a cubrir os salarios de 7 docentes durante tres meses na escola elemental Beach na Franxa de Gaza.
O importe das achegas da Xunta de Galicia para proxectos de acción humanitaria executados pola Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UMRWA España), no período 2010-2021 ascende a 473.975 .
No ano 2010, o Goberno galego asinou un Memorando de entendemento para levar a cabo proxectos de cooperación e axuda humanitaria para contribuír a mellorar as condicións de vida dos refuxiados palestinos. En concreto, desenvolveuse un plan operativo en apoio ao programa de seguridade alimentaria de nenos e nenas na Franxa de Gaza que obtivo moi bos resultados; No ano 2011 asinouse outro convenio para apoiar o programa de compensación alimentaria escolar da UNRWA en Gaza, programa que foi novamente apoiado coa sinatura de dous novos convenios nos anos 2012 e 2013.
No ano 2014, asinouse primeiramente un convenio para dar continuidade ao apoio ao programa de compensación alimentaria familiar e posteriormente, un segundo convenio por mor do empeoramento da situación en Gaza, despois da operación Protective edge, para brindar apoio psicosocial ás vítimas.
Entre os anos 2015 e 2018 continuouse co apoio ao programa de compensación alimentaria familiar na franxa de Gaza cunha provisión de cestas familiares para unhas 180 familias cada ano, a través da sinatura de convenios de colaboración por importe de 20.000 cada ano.
Cabe destacar, pola novidade que representou a nivel da cooperación española descentralizada, o convenio asinado no ano 2019 coa UNRWA España para a prevención da violencia de xénero a través de iniciativas de protección impulsadas polas comunidades de persoas refuxiadas de Palestina no Líbano, dotado cun importe de 130.000 , procedentes da cota galega do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, que foron aportados pola Secretaría Xeral de Igualdade.
No 2020, volvéronse a asinar dous convenios con esta entidade, un de 30.000 para facer fronte ás necesidades de saúde derivadas do COVID-19 na Franxa de Gaza; e outro, novamente no marco do PEVG de 84.000 para a mellora da protección e a atención integral no tratamento de casos de violencia machista e sensibilizando á comunidade sobre a realidade das mulleres sobreviventes refuxiadas de Palestina nos campos da Franxa de Gaza.
A nova Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, recolle a acción humanitaria e a axuda de emerxencia entre as súas modalidades de axuda. Ademais, no IV Plan Director 2018-2021, recoñécese a acción humanitaria coma prioridade sectorial e como prioridade transversal a promoción da igualdade de oportunidades e a defensa dos grupos de poboación máis vulnerables, con especial incidencia nos refuxiados, desprazados e retornados, entre outros. Así mesmo, no Plan Anual 2021 tamén se recolle a sinatura deste convenio.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.