O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acompañado da súa concelleira de Urbanismo, Aurea Soto, reuniuse con representates dos constructores, patronal e colexios profesionais das áreas vinculadas ó urbanismo para tratar o proceso de redacción do novo Plan de Urbanismo da cidade, actualmente en trámite. Ó termo da reunión, os colectivos profesionais e empresariais amosáronlle ó alcalde o seu consenso coa necesidade de redactar un novo Plan de Urbanismo que sustitúa o anulado en nove sentencias xudiciais, así como o seu acordo coa folla de ruta preparada polo Goberno local para manter en marcha a construcción en Ourense ante a posible anulación definitiva do PXOM de 2003.
Á reunión asistiron os representantes do Colexio de Arquitectos de Ourense, Xan Rodríguez, Colexio de Aparexadores, Ignacio de Juan, Confederación de Empresarios de Ourense, Elixio Nieto, Confederación de Empresarios da Construcción, Juan José Molinos, así como do Colexio de Enxeñeiros.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.