Os centros en cuestión son o Centro Español e Repatriación de Santos (Brasil), Centro Galicia, Centro Gallego e Centro Galego de Betanzos en Bos Aires, Centro Gallego de Rosario, Centro Gallego de Avellaneda e a Federación de Asociaciones Gallegas (Arxentina), Centro Gallego de Montevideo, Casa Galicia de Montevideo e Patronato da Cultura Galega en Montevideo (Uruguai), Centro Gallego de Lisboa (Portugal) e Centro Galego de Barcelona.
Durante varios meses levouse a cabo un traballo de inventariado, catalogación e dixitalización dos bens mobles e inmobles que constitúen o patrimonio dos centros escollidos, chegándose a obter máis de 80.000 imaxes de libros e libros de actas e 1.500 imaxes de cadros, edificios, esculturas e outros elementos das que logo se fixo unha selección das mellores. Cada unha das pezas catalogadas conta cunha pormenorizada ficha na que se ofrece información detallada sobre a mesma, como autor, data de creación, centro ao que pertence
así como fotografías e vídeos que ofrecen ao usuario a posibilidade de achegarse virtualmente a todo este legado artístico. Edificios singulares, pinturas, esculturas, fotografías, libros de actas e outros elementos conforman esta Rede Virtual que se pode consultar libremente por tipo de obra, autor ou centro.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.