Noticias

A aceleradora Cologistics permitirá que 20 proxectos de emprendemento contribúan a mellorar as capacidades loxísticas da eurorrexión

A nova aceleradora é un paso máis neste proxecto de cooperación transfronteiriza que une á Xunta, coa Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Autoridade Portuaria de Vigo, así como a Associaçao dos Portos de Douro, Leixões e Viana do Castelo, a Associaçao Empresarial de Portugal e a Cãmara Municipal de Vilanova de Famalição. O obxectivo é apoiar novos proxectos de emprendemento a partir da tecnoloxía, xa que se necesitan proxectos e solucións innovadoras que contribúan a mellorar a eficiencia deste sector. Constará de tres fases: lanzamento, selección e desenvolvemento efectivo, cun itinerario de aceleración ou consolidación das iniciativas.



O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá, en Vigo, na presentación de CoLogistics Business Accelerator (CBA), a primeira aceleradora galega no eido da loxística e da cadea de subministración. Segundo explicou, permitirá que 20 proxectos de emprendemento contribúan a mellorar as capacidades loxísticas da Eurorrexión a partir da tecnoloxía.

Na súa intervención, Conde destacou o papel esencial que a loxística debe xogar na reactivación económica, na captación de fondos europeos para Galicia e en facer fronte ao reto da transformación dixital. Lembrou que este sector foi o que permitiu garantir a subministración durante os meses máis duros da pandemia, posibilitando que moitas empresas puideran continuar coa súa actividade. Trátase dun sector que representa o 4% do PIB galego, no que operan máis de 11.700 empresas e que dá emprego a 49.000 persoas na Comunidade.

A nova aceleradora é un paso máis neste proxecto de cooperación transfronteiriza que une á Xunta, coa Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Autoridade Portuaria de Vigo, así como a Associaçao dos Portos de Douro, Leixões e Viana do Castelo, a Associaçao Empresarial de Portugal e a Cãmara Municipal de Vilanova de Famalição. O obxectivo é apoiar novos proxectos de emprendemento a partir da tecnoloxía, xa que se necesitan proxectos e solucións innovadoras que contribúan a mellorar a eficiencia deste sector.

Constará de tres fases: lanzamento, selección e desenvolvemento efectivo, cun itinerario de aceleración ou consolidación das iniciativas. Estas contarán coa guía dun mentor dunha empresa consolidada (participan 14 galegas e 9 portuguesas) e con acceso a formación, zona de traballo, financiamento e espazos de networking.O prazo para a presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xullo.

O vicepresidente económico explicou que esta aceleradora está aliñada cos retos da Estratexia integral de optimización loxística de Galicia que conta cun orzamento de máis de 11 millóns de euros no período 2019-2022. Tamén lembrou a oportunidade que, para este sector, supoñen os fondos Next Generation e puxo como exemplo o proxecto Smart Logistic Areas Galicia, para o desenvolvemento de áreas de aparcamento sostibles dentro das zonas loxísticas das cidades galegas e que terá como piloto inicial a área de Vigo.

R., 2021-05-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES