
Ademais de trasladar a conveniencia de que a Comunidade andaluza estea no Consejo Jacobeo, para seguir ampliando os foros de cooperación.
Neste mesma liña, o presidente da Xunta aproveitou a reunión para destacar tamén o descubrimento, este mediodía, da mouteira do Camiño de Santiago no Mosteiro de San Isidoro del Campo, no municipio de Santiponce.
Por outra banda, a transición enerxética e o reparto dos fondos europeos Next Generation foron outras das materias avaliadas. Así, ambos os mandatarios coincidiron na proposta de avanzar na concreción de proxectos para as zonas de transición xusta, referíndose a eidos como a eólica mariña, o hidróxeno verde ou a economía azul.
E pedimos obxectividade, transparencia, criterios claros e cogobernanza no reparto dos fondos europeos, confirmou Feijóo, reiterando a necesidade de que as comunidades deixen de ser meras oficinas xestoras dos ministerios e poidan xestionar o 50% dos mesmos.
Sobre este asunto, Feijóo resaltou tamén os intereses que comparten as dúas comunidades en sectores que se impulsarán a través de PERTE, como é o caso do sector agroalimentario.
Así mesmo, e no caso concreto de Galicia, Feijóo recordou que o Goberno galego ten remitido á vicepresidenta primeira os proxectos prioritarios para a Comunidade, referidos ao sector forestal e á industria da transformación, ao sector da automoción, ao sector agroalimentario e, no eido sanitario, á medicina personalizada.
Ao longo da reunión, ademais de demandar o desenvolvemento da Estratexia nacional para o reto demográfico, ambos os presidentes avaliaron o sistema de financiamento autonómico, coincidindo na necesidade de que este conte cos recursos suficientes para que funcione. A Constitución non se pode cumprir se a sanidade, a educación ou os servizos sociais non teñen fondos adecuados para activalos, dixo o titular da Xunta, recordando que o financiamento é a garantía de igualdade de todos os españois -o financiamento é para 47 millóns de españois, non para 17 territorios-.
Ao respecto, resaltou que a multilateralidade da lei orgánica de financiamento das comunidades é un principio constitucional que non pode ser derrogado por ningunha bilateralidade.
Outros dos retos que Galicia e Andalucía comparten son a loita contra os incendios forestais, sobre os que intercambiaron experiencias; así como o futuro da pesca que pasa por seguir apostando pola sostibilidade, a conservación de recursos e a remuda xeracional.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.