Noticias

Núñez Feijóo e a vicepresidenta Calviño reúnense na procura de solucións á crise industrial e proxectos que modernicen a economía e consoliden o emprego

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou á vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, de aportar solucións á crise industrial e apostar por proxectos que modernicen a economía e consoliden o emprego. Durante a xuntanza, Feijóo referiuse deste xeito a distintos asuntos clave para a Comunidade, como a distribución dos fondos Next Generation, a dixitalización, a inclusión financeira ou a prolongación das deducións fiscais do Xacobeo ata 2023.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou á vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, de aportar solucións á crise industrial e apostar por proxectos que modernicen a economía e consoliden o emprego.

Durante a xuntanza, Feijóo referiuse deste xeito a distintos asuntos clave para a Comunidade, como a distribución dos fondos Next Generation, a dixitalización, a inclusión financeira ou a prolongación das deducións fiscais do Xacobeo ata 2023.

Nun primeiro termo, o titular da Xunta incidiu na necesidade de que se dean a coñecer os criterios de reparto dos fondos. “Trasladeille o interese de Galicia de poder competir co resto dos proxectos que se presenten e, por iso, a cogobernanza e o coñecemento das condicións e criterios de elixibilidade son cuestións moi importantes”, abundou.

Nesta liña, valorou o compromiso da vicepresidenta primeira de avaliar os proxectos prioritarios para Galicia, relacionados co ámbito forestal, agroalimentario, da automoción, co sector aeronáutico e coa sanidade no eido tecnolóxico; así como a necesidade de que o naval conte co seu propio PERTE.

No contexto da crise industrial que atravesa Galicia, Feijóo reiterou a preocupación polos 16.000 postos de traballo en perigo en sectores clave como o electrointensivo, o enerxético, o forestal ou a cadea mar-industria, afectando especialmente á comarca de Ferrol, Eume e Ortegal.

Por outra banda, e no eido da dixitalización, Feijóo salientou que a conectividade e os obxectivos da banda ancha son esenciais para o progreso de Galicia. “E con este fin solicitamos que se establezan obrigas de cobertura por comunidades autónomas tanto na rede fixa como na móbil; así como cobertura fóra de núcleos de poboación, en especial en zonas de importante tránsito de persoas”, precisou.

Sobre os problemas cos caixeiros no rural, solicitou á vicepresidenta primeira que o Goberno, xunto co Banco de España e a CNMC, active un marco normativo común para regular a prestación universal destes servizos.

Finalmente, o presidente da Xunta aproveitou o encontro para incidir na oportunidade económica que supón para Galicia e España un Ano Santo bienal e, neste senso, plantexou a posibilidade de ampliar ata o 31 de decembro de 2023 o prazo para aplicar as desgravacións fiscais aos patrocinadores do Xacobeo.

R., 2021-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (vacina-gripe-2026.jpg) A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
Foto de la tercera plana (empresas-transformacion.jpg) O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.

Notas

Anne L'Huillier, Premio Nobel de Física en 2023, visita esta semana Santiago de Compostela no marco do Programa ConCiencia da USC e do Consorcio de Santiago. Entre o extenso programa de actividades previsto, a profesora da Universidade de Lund (Suecia) pronunciará o 2 de outubro, ás 19.30 horas, no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23. Santiago), a conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, aberta ao conxunto da cidadanía.
Como 'unha selección de miradas' a un 'territorio híbrido entre arte e ciencia' preséntase un libro editado polo grupo de investigación dx5, da Facultade de Belas Artes, en colaboración co grupo AF4, da Escola de Enxeñaría Forestal, que fai balance das reflexións xurdidas nas tres primeiras edicións do ciclo de encontros científicos Art at the Edge of Nature, que puñan o foco nas conexións da creación artística co medio ambiente, a sustentabilidade, os novos materiais ou as humanidades dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES