A Comisión de Goberno do Concello de Palas de Rei acordou o pasado martes 19 de maio dirixirse a Consellería de Política Territorial para solicitar a reparación do vial autonómico que une Palas de Rei con Friol.
O Alcalde Fernando Pensado reuniráse en datas próximas con representantes da Conselleria de Pol. Territ. y OP e Vivenda (Cotop) para tratar este tema de relevante transcendencia.
Asimesmo, a Xunta de Goberno Local, según informa o Primeiro Tenente de Alcalde, Pablo José Taboada Camoira, acordou solicitar a Deputación Provincial de Lugo a ampliación dos Viais provinciais que van: de Palas a San Xorxe de Aguasantas; de Palas a Ponte Mercé así como os accesos a parroquia de Vilar de Donas.
Todos estos viais que son de titularidade da Deputación Provincial deberían ser ampliados e afirmados con aglomerado xa que unen a capitalidade do Concello (Palas de Rei) coas parroquias máis poboadas(Aguasantas, Merlán, Pidre, e Vilar de Donas,
) e que nun futuro sairán a nova Autovía proxectada.
O Concello Palense comenzará tamén a utilizar o aglomerado en quente e así dentro do Plan de Obras e Servicios do ano 2009 acondicionará varios víais dentro do casco urbán como por exemplo a Rúa do Lavadoiro, a Rúa da Paz, a Rúa do Muiño, Rúa da Torna, o agro do Rolo, os accesos o Grupo Escolar así como os accesos o Centro de Saude e Polideportivo Municipal que redundarán nunha mellora estética e funcional da Vila.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.