Actualidad de Política

Noticias politica

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu esta mañá, na súa condición de presidente da delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), unha maior cogobernanza das rexións na planificación e xestión dos fondos europeos e máis recursos para o sector primario. Así o destacou logo dunha reunión organizada polo Executivo galego entre os representantes españois tanto das comunidades autónomas como das entidades locais do CdR con eurodeputados españois e o embaixador representante permanente de España ante a Unión Europea, Marcos Alonso, 'para poñer en común as intencións e o noso plantexamento' de cara á negociación do novo Marco Financieiro Plurianual 2028-2034.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou hoxe que o Goberno galego está impulsando a posta en marcha dunha rede de fomento do emprendemento que se baseará na colaboración público-privada. A través da mesma, búscase crear unha estrutura estable de coordinación, presente en todo o territorio, co obxectivo de que calquera persoa, en calquera parte de Galicia, poida acceder á formación, acompañamento ou ao financiamento necesario para o seu proxecto: 'Non se trata de inventar cousas novas, non se trata de inventar ningunha fórmula máxica, senón que se trata de reforzar o que xa vimos facendo. Calquera emprendemento ligado ao territorio vai ser máis sostible, vai xerar máis valor económico e vainos a traer máis vantaxes', destacou o presidente.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou hoxe na Comisión de Política Económica (ECON) do Comité Europeo das Rexións (CdR). No encontro, celebrado en Bruxelas, os representantes das rexións e cidades aprobaron un ditame sobre a Estratexia do Mercado Único. A Comisión Europea presentou esta estratexia en maio de 2025 para fortalecer o mercado interior da UE mediante a redución de barreiras comerciais, a simplificación de trámites, a promoción da dixitalización e o apoio ás pemes e ás startups. Esta decisión conta co apoio do Comité das Rexións e de Galicia, que pide á Comisión que vaia un paso máis alá eliminando as barreiras que seguen a limitar o potencial dun mercado de 450 millóns de consumidores, o segundo maior do mundo na actualidade.
A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares, remarcou hoxe no Parlamento de Galicia o incremento sostido de profesionais que rexistra a atención primaria na sanidade pública galega desde o ano 2014. Ademais, destacou que o acordo de desconvocatoria de folga acadado con catro forzas sindicais permitirá garantir a asistencia sanitaria de forma compatible con melloras laborais para os profesionais. No marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, López Linares puxo en valor a planificación que realiza a Xunta de Galicia das prazas que son necesarias para a formación de médicos de acordo coas baixas que se prevén cada ano no sistema.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, denunciou na 53ª Asemblea Xeral da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) a actuación contraditoria da Comisión Europea que pretende reformar a Política Pesqueira Común (PPC) á vez que recorta un 67 % o fondo específico para pesca na súa proposta de novo Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034. Así, sinalou que “esta proposta do Executivo comunitario amosa un absoluto descoñecemento das necesidades do sector”, ocasionando o rexeitamento unánime na comunidade.
O proxecto Green Gap para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten como obxectivo contribuír a que as administracións locais xoguen un papel máis relevante na promoción das infraestruturas verdes nesta área transfronteiriza. Cun orzamento de máis de 2,1 millóns de euros, financiado no marco do Programa Interreg España-Portugal, na iniciativa participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
A Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, en vigor desde xaneiro de 2025, consolidouse como unha das reformas máis importantes en materia industrial e enerxética dos últimos anos, situando a Galicia á vangarda europea en xestión sostible do territorio. A norma, impulsada pola Consellería de Economía e Industria, naceu co obxectivo de converter a riqueza natural de Galicia en riqueza social, garantindo que os beneficios derivados do aproveitamento dos recursos naturais repercutan directamente na cidadanía galega e, de forma especial, nas comunidades situadas no ámbito de influencia dos proxectos.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno autonómico constituirá no 2026 unha fundación de colaboración público-privada que servirá de apoio para desenvolver un novo modelo de investigación forestal na comunidade. O obxectivo, é impulsar a innovación nun sector estratéxico para a comunidade e avanzar cara 'un monte diverso, produtivo, que xere emprego e riqueza en Galicia'. A industria forestal-madeira é un dos motores da economía galega e sitúa a Galicia como referente no sector a nivel estatal. Galicia aglutina máis da metade das cortas de madeira de España, o sector xera preto de 20.000 empregos e factura uns 2.500 millóns de euros ao ano. 'Polo que supón respecto ao PIB, ao asentamento de traballo nas zonas rurais ou a súa capacidade de combinar tradición e innovación, o sector da madeira é unha parte fundamental desa Galicia Calidade', indicou o presidente.
A Xunta reclamará de novo en Bruxelas unha Política Agraria Común ben dotada, con financiamento suficiente e con fondos específicos e diferenciados, como ata o de agora, que permitan apoiar a renda dos agricultores e gandeiros e garantir o impulso ao desenvolvemento rural e afianzar as medidas de remuda xeracional. Así o avanzou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, en resposta a unha pregunta parlamentaria sobre este asunto e na que reiterou o rexeitamento de Galicia á proposta da UE para a vindeira PAC a partir de 2028, polo centralismo desta nova política, cunha arquitectura baseada nun fondo único para os estados membros que resulta lesiva para a nosa comunidade.
A Xunta insistiu hoxe en Bruxelas no rexeitamento unánime de Galicia ao regulamento da nova Política Agraria Común presentado pola Comisión Europea, xa que supón unha redución de fondos para a nosa comunidade e define unha arquitectura baseada nun fondo único para os estados membros que non blinda todas as medidas da PAC. O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Juan José Cerviño, asistiu na capital comunitaria á 18 Conferencia de Directores de Organismos Pagadores e Organismos de Coordinación, que agrupa a todas as rexións dos países membros. Neste contexto, Cerviño remarcou que a Xunta instou xa en varias ocasións ao Goberno central a defender con intensidade, no proceso negociador aberto agora nas instancias comunitarias, a corrección da orientación inicial desa proposta, antes de concretar o Marco Financeiro Plurianual 2028-2032.
« Anterior | 3  de  158 | Siguiente »

Notas politica

A Fundación Galicia Europa organizou, no marco do Foro Galego do Brexit, o terceiro debate sobre este tema, menos dunha semana despois de que se anunciase o acordo para a retirada do Reino Unido da Unión Europea. O acto contou coa presenza do conselleiro encargado do Brexit na Representación Permanente de España ante a UE, Ricardo Díez-Hochleitner, e de 40 participantes no programa TecEuropa 2018 como público.
O Pleno aprobou a proposta de Orzamento da Deputación para 2019, que presentou á sesión o Presidente, Darío Campos Conde. Fíxoo cos votos a favor dos Deputados do Goberno Provincial do PSOE, coa abstención do PP e cos votos en contra do BNG e Deputado non adscrito. O Presuposto conta con 88,4 millóns de euros, dos cales o 55% son para investimentos nos 67 Concellos e para os 330.000 veciños da provincia.
Valentín González Formoso recibiu hoxe en Mariñán a alcaldes de distintos municipios hondureños, que explicaron as importantes repercusións sociais, económicas e medioambientais que ten este proxecto de cooperación internacional cofinanciado pola Deputación. A área onde se está a desenvolver este proxecto ubícase no Golfo de Fonseca, moi preto da fronteira con Nicaragua.
O Sindicato Labrego Galego celebrará en Lugo este sábado unha asemblea á que acudirá unha representación da súa afiliación xubilada que, a pesares de terse retirado no plano laboral, aínda ten azos e ilusión para seguir traballando nas loitas nas que o Sindicato Labrego Galego está implicado. A xornada será inaugurada pola secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador do evento e membro da Executiva, Miguel Méndez.
Gonzalo Caballero perfila unha folla de ruta de intensa actividade cos parlamentarios socialistas para ofrecer á sociedade unha “alternativa á dereita” nas eleccións municipais e europeas de 2019. Os socialistas galegos presentarán 301 emendas aos orzamentos do Estado para sumar máis de 600 millóns de euros en inversións en Galicia.
O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que “tanto o goberno provincial de Lugo como o goberno municipal de Ferrol son a zona cero da inestabilidade e dos gobernos contra a vontade maioritaria dos cidadáns”, xa que amosaron a súa incapacidade para chegar a acordos cos seus socios e para manter a unidade dos partidos.
Las tres formaciones firman un acuerdo de coalición que pretenden unir el centro político gallego bajo la marca Centristas. “Mantenemos contacto con mucha gente y no descartamos que se unan al proyecto otras formaciones, plataformas y figuras políticas gallegas”. La coalición también se presenta en otras comunidades.
“Lugo existe, Ourense existe, o Interior de Galiza tamén existe”. É a reivindicación das deputadas nacionalistas por estas provincias. Olalla Rodil: “Viaxar por tren entre Lugo e Santiago son 5 horas, o dobre que entre París e Londres, custa 30,20€ e precisa un transbordo”. Noa Presas: “Se non hai novidades, volveremos levar o debate da estafa do Avant ao Parlamento”.
Avanza que sanidade pública e pensións protagonizarán as primeiras iniciativas que presente ante o Parlamento europeo, tras a mobilización social en defensa dos servizos públicos. Tomará posesión do escano no plenario de Bruxelas o 28 de febreiro, relevando a Josu Juaristi dentro da coalición Os Pobos Deciden na que o BNG concorreu aos comicios europeos.
Gonzalo Caballero pide aos galegos que “non se resignen a crer que a Galicia do PP e a única posible” e reivindica que o PSdeG está “cargando as pilas” para lograr “o cambio” que se precisa. O secretario xeral do PSdeG acusa á dereita de “pensar só nas grandes contas” e “olvidarse da cidadanía” e compromete un novo tempo político con “dignidade, ilusión e exemplaridade”.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES