
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu na clausura da asamblea dos socialistas de Oroso para apelar aos militantes e simpatizantes presentes a traballar todos xuntos para lograr o cambio que tanto España como Galicia precisan.
Tanto ás xeracións máis novas como aos maiores dirixiuse o líder dos socialistas galegos para pedirlles que non se resignen a crer que a Galicia do PP é a única posible, senón que é momento de recuperar as conquistas sociais que puxeron en marcha os gobernos progresistas.
Cunha mención aos executivos de Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño, que situaron o Estado do Benestar en primer termo, Gonzalo Caballero exhibiu o orgullo de pertencer a un partido como o PSOE, que impulsou os servizos públicos e as pensións. Temos toda a lexitimidade de ter demostrado o compromiso coa xente, proclamou.
Fronte a este xeito de gobernar, afeou á dereita que pensa só nas grandes contas mentres se olvida da cidadanía, que segue sufrindo a crise e as dificultades. Non en van, sinalou que son moitos os mozos que teñen que saír na procura de oportunidades laborais e que a calidade de vida dos maiores segue empeorando.
Así é que recalcou que o PSdeG está cargando as pilas para ofrecer aos galegos un proyecto para unha Galicia máis puxante e dinámica, de modernización e progreso. Debémosllo a Galicia, subliñou, antes de comprometer novas formas de facer política, con dignidade, ilusión e exemplaridade, e con experiencia.
Non nos podemos conformar cun futuro negro, remarcou Gonzalo Caballero, en referencia aos resultado que deixan os gobernos de Feijóo e Rajoy, Rajoy e Feijóo.
Así é que, xunto esa conformación dun proxecto para Galicia, chamou tamén o líder dos socialistas galegos a traballar para que Pedro Sánchez se convirta no próximo presidente do Goberno de España.
Por nós, e pola xente que vén despois de nós, polo futuro do país. Necesitamos facelo, apelou, fronte á insensibilidade social que caracteriza a etapa de goberno de Mariano Rajoy.
Tamén na idea de que Galicia necesita un cambio abundou o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, quen garantizou traballo duro para lograr uns bos resultados nas eleccións municipais do ano próximo e impulsar o partido tanto a nivel galego como federal.
Pola súa banda, a recén elexida secretaria xeral do PSOE de Oroso, Vanesa Boo, prometeu tamén compromiso e dedicación na tarefa de darlle máis pulo á organización.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.