
A ata agora portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, recolleu a súa acta de eurodeputada na Junta Electoral Central no Congreso, paso previo á toma de posesión do escano no Parlamento Europeo o 28 de febreiro, e ata o final da lexislatura europea en maio de 2019. Toma así o relevo de Josu Juaristi dentro da coalición Os Pobos Deciden, na que o Bloque concorreu aos comicios europeos.
Miranda, -que estivo acompañada por familiares de vítimas da traxedia de Angrois-, adquiriu o compromiso de chegar ata o final no caso Alvia utilizando toda a capacidade do euroescano para esixir unha investigación independente que permita coñecer toda a verdade, resarcir ás vítimas, reclamar que se adopten todas as medidas para que non volva a repetirse nada parecido e conseguir que se diriman as responsabilidades políticas.
A portavoz en Bruxelas dará así continuidade a un intenso traballo que xa ten desenvolvido na UE neste asunto, de tal xeito que que o 1 de marzo manterá unha xuntanza coa Comisión Europea en relación á petición de apertura dun procedemento de infracción contra o Estado español, polo seu incumprimento da normativa europea en materia de seguridade ferroviaria.
Miranda tamén avanzou cales serán as primeiras iniciativas que presentará como eurodeputada, de marcado carácter social e desde a perspectiva de Galiza: Pensións dignas e sanidade pública, recollendo o clamor social en defensa dos servizos públicos que levou a milleiros de persoas a manifestarse en defensa do sistema público de saúde e a concentrarse en defensa das pensións que, no caso galego, son as segundas máis baixas do Estado.
Ana MirandaDarlle voz en Bruxelas aos problemas reais dos galegos e das galegas do común, ese será o meu obxectivo, salientou Miranda.
A portavoz europea do Bloque xa viña desenvolvendo un intenso traballo político en Bruxelas en defensa dos intereses de Galiza, coa presentación constante de iniciativas a través da representación da coalición, que se verá agora reforzado coa posibilidade de participación directa nos plenarios e nas comisións.
Como eurodeputada do BNG, Ana Miranda ocupara os seu escano dentro do Grupo Verdes-Alianza Libre Europea/ALE, formación política europea que integra a forzas nacionalistas na que está integrada o Bloque desde 2004 -, e dando continuidade á traxectoria de traballo do BNG dentro deste Grupo europarlamentario.
Entre as iniciativas defendidas no que vai de lexislatura, a batalla ganada para que o sector do xeito non fose incluído na prohibición de redes de arrastre, o informe emitido pola Comisión Europea en relación ao sinistro do Alvia reclamando unha investigación independente da traxedia. Tamén iniciativas en relación á vaga de lumes, da persistencia do espolio do patrimonio do pobo galego por parte dos herdeiros do franquismo, ou a exclusión de Galiza de infraestruturas básicas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.