
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, perfilou cos representantes socialistas galegos no Parlamento, as Cortes e a Eurocámara unha folla de ruta de intensa actividade que permita ofrecer á cidadanía unha alternativa á dereita nas eleccións municipais e europeas do vindeiro ano.
Trala xuntanza da Interparlamentaria, que presidiu, o líder dos socialistas galegos explicou que somos o partido que require Galicia para ter unha alternativa de esquerdas e, nese senso, comprometeu traballo con sensibilidade municipalista.
Neste órgano, os socialistas abordaron unha folla de ruta compartida que pasa por intensificar o contacto co territorio e por aportar opcións afastadas das posicións conservadoras e tamén daquelas cun compoñente demagóxico, en palabras de Gonzalo Caballero.
Entendemos a política como un servizo público, proseguiu, e chamou a manter a honestidade e a exemplaridade de todos os cargos públicos socialistas na liña de combater o distanciamento que mantén a cidadanía dos seus representantes.
Na mesma liña, o secretario xeral avanzou un traballo intenso para abrir o partido á sociedade. Así, indicou que os socialistas galegos incorporarán perfís independentes tanto aos grupos de traballo sectoriais como ao laboratorio de ideas que se porá en marcha. Trátase, explicou, de que a cidadanía teña no PSdeG unha vía para facer propostas e participar na política.
Con estas claves, o líder dos socialistas galegos apelou aos parlamentarios, deputados, senadores e eurodeputado a seguir traballando co obxectivo en mente de manterse nas municipais e europeas de 2019 como primeira forza de esquerdas de Galicia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.