//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Presentouse esta mañá unha nova edición da campaña Días azuis do comercio galego, organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta, e que se celebra desde hoxe ata o 26 de maio co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade. Durante estas dúas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade. Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante. Entre todos os participantes sortearanse un total de 16.200 euros en 80 tarxetas prepago.
A Lei 2/2019 de Reforzo de actuacións prioritarias, aprobada esta semana no Parlamento, permitirá que Galicia poida empezar a utilizar xa o superávit contable de 2018, un total de 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Ensino e Servizos Sociais públicos. A través desta lei autorízase un suplemento que permitirá empregar o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais. No que atinxe ao destino dos créditos suplementados, a maior parte das actuacións afectan políticas de gasto social, que se complementan cun financiamento adicional para infraestruturas forestais preventivas, establece o texto da lei.
A contratación tamén continúa en aumento, mentres que no Estado baixa, e, ademais, o paro baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta. O desemprego descende, así, entre os menores de 30 anos (-9,52%), nas mulleres (-7,73%) e nos parados de longa duración (-14,48%), o que supón que 3 de cada 4 persoas que saíron do paro no último ano pertencían a este colectivo. O paro tamén caeu nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-19%) e a industria (-9,12%), ambos por riba da media xeral de Galicia (-8,81%), seguidos da agricultura e a pesca (-8,17% e os servizos (-7,31%). En canto ás provincias, lidera a caída do paro Lugo (-10,85%), seguida da Coruña (-9,44%), Pontevedra (-8,65%) e Ourense (-5,34%).
Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de presentación de NÓS, AS MULLERES, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que congregou a decenas de cooperativistas entre socias e membros de consellos reitores ou xerentes. A Asociación nace nun contexto social no que, se ben o 45% de persoas socias de cooperativas agroalimentarias en Galicia son mulleres (sobre un total de arredor de 27.800 persoas socias), os órganos de administración destas entidades contan só cun 22% de participación feminina, segundo datos do ano 2017 do Observatorio Socioeconómico doCooperativismo Agroalimentario Español, que contabiliza os datos de entidades asociadas a AGACA.
As estradas de titularidade autonómica rexistraron en 2018 unha intensidade media diaria de 3.097 vehículos, un 2,2 % máis que no exercicio anterior. Así o expón a Memoria de Tráfico que elabora anualmente a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e que se publicará nos vindeiros días. A intensidade media diaria (IMD) de vehículos superou ao valor autonómico nas vías das provincias de Pontevedra, con 4.408 vehículos ao día, e da Coruña, con 4.288. Por debaixo da IMD galega atópase o tráfico nas estradas de Ourense, con 1.642 vehículos ao día, e o de Lugo, con 1.582. Do tráfico rexistrado polas estacións de aforo durante o 2018, o 7,5 % correspondeuse con vehículos pesados, un valor similar ao ano pasado.
O Consello da Xunta aprobou o anteproxecto de Lei de reforzo de actuacións prioritarias que permitirá utilizar o 100% do superávit contable de 2018, 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Educación e Servizos Sociais públicos. Trátase dunha ferramenta alternativa, legal e que se pode aprobar sen necesidade de autorización do Goberno central, que servirá para que Galicia dispoña dunha capacidade de gasto adicional de 130 millóns de euros. Autorízase así un suplemento de crédito para adiantar actuacións prioritarias nos servizos públicos e reforzar a atención primaria no Sergas, empregando o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais para este ano.
O último informe sobre Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda con datos referentes ao mes de febreiro, sitúa a Galicia como a comunidade autónoma con menor débeda comercial de España e a terceira comunidade que paga en menor tempo as súas facturas. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran que o período medio de pago de Galicia mantívose case sete días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Ademais, a media autonómica situouse en 35,3 días, 12,2 máis que a media rexistrada na Comunidade galega.
Froito da actividade relacionada cos itinerarios xacobeos, Galicia conta hoxe cunha importante industria turística que supón o 10,4% do noso Produto Interior Bruto e ao redor do 11% dos postos de traballo. Nesta liña, estudos de diversas entidades públicas e privadas, estiman que o PIB de Galicia pode crecer entre cinco e seis décimas durante un ano Xacobeo, e consolidarse un crecemento de 1,5 décimas para os anos posteriores. Estes mesmos estudos reflexan que o número de turistas que visitan a nosa Comunidade tende a incrementarse en máis de un millón, dos cales a metade consolidaríanse permanentemente nos anos posteriores.
A nova edición do Galicia Emprende contará cunha achega de 9 millóns de euros, un 28% máis que na pasada edición, para apoiar 200 proxectos de autónomos e emprendedores, que mobilizarán investimentos por valor de 24 millóns de euros e cunha previsión de creación ou mantemento de 700 postos de traballo. Este plan ten como obxectivo favorecer a creación de novas empresas e consolidar proxectos que leven menos de 42 meses funcionando. Ademáis inclúe unha serie de ferramentas para as empresas, como son a plataforma StartIN Galicia, que ofrece un apoio integral a todos os proxectos que nadas das incubadoras, os préstamos directos da liña de Instrumentos Financeiros Innovadores e os préstamos participativos ou capital risco.
Galicia é a terceira comunidade na que máis baixou o paro en marzo con respecto a hai un ano superando, ademais, a media de caída de desemprego rexistrada no Estado, con case tres puntos de diferencia. Así, a Comunidade galega rexistrou no mes de marzo unha baixada do paro do -7,70% fronte ao -4,89% de España. En Galicia, polo tanto, hai 14.262 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década. O paro, polo tanto, continúa caendo, case 5 anos e medio de xeito consecutivo. O desemprego tamén descende na evolución mensual, nun 1,65% (-2.868 persoas).
Durante a reunión do Comité de Seguimento levouse a cabo o exame e análise do Informe de execución da anualidade 2011 do FEDER-Galicia. Presentáronse boas prácticas de comunicación durante o exercicio 2011 e por primeira vez boas prácticas de xestión.
O programa, desenvolvido por Fundetec en colaboración coa Xunta, chegará a 40 concellos integrados na rede de aulas CeMIT das catro provincias. As participantes elaborarán o seu propio plan de empresa co apoio de titores e profesionais especializados.
O apoio da Consellería de Economía e Industria fixo posible a recente constitución de 5 novos clúster galegos.
A conselleira de Facenda salienta que afondará nas liñas xa iniciadas e fortalecerá o control do cumprimento tributario. Afirma que potenciar as novas tecnoloxías mellorará o funcionamento dos servizos cun aforro de tempo e custos e cunha mellora da eficacia.
Con esta iniciativa a Consellería continúa co desenvolvemento do Plan Téxtil Moda Galicia- VISIÓN 2020 como estratexia de apoio a un dos principais sectores da economía galega. Prímanse as pemes que poderán recibir unha maior axuda.
Os criterios atenderán ás prioridades do Plan Estratéxico 2010-2014. Galicia proseguirá o ano que ven na senda da austeridade e da consolidación fiscal para financiar os servizos públicos básicos e as políticas de saída da crise sen cargar con novos tributos aos cidadáns e ás empresas. Facenda e Igualdade colaborarán para incluír a perspectiva de xénero no proceso de elaboración dos orzamentos.
Os balnearios e os talasos serán o único subsector turístico cunha orde específica de subvencións por valor de 1,75 millóns de euros para a creación de establecementos. Púxose enriba da mesa esta información durante as Xornadas Profesionais de Termalismo.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de
Galicia (CPXG) lamenta o ERE que presentou o xornal Atlántico Diario, de
Rías Baixas Comunicación S.A., pertencente ao Grupo La Región e que afecta
a once traballadores, sete da área de redacción.
Publícanse no DOG as ordes reguladores das axudas da Xunta ás axencias de viaxes para comercializar e promocionar o destino Galicia e mais para acometer obras de mellora nos acampamentos turísticos.
O proxecto conta co apoio do Fondo Social Europeo e nel participan como socios o Goberno de Navarra, o Cabildo Insular de Tenerife e Uniminho/Associaçao do Vale do Minho Transfronteiriço.