Noticias

A Lei de reforzo de actuacións prioritarias permitirá que Galicia utilice o 100% do superávit contable de 2018, 125 millóns, para reforzar o gasto en Sanidade, Educación e Servizos Sociais públicos

O Consello da Xunta aprobou o anteproxecto de Lei de reforzo de actuacións prioritarias que permitirá utilizar o 100% do superávit contable de 2018, 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Educación e Servizos Sociais públicos. Trátase dunha ferramenta alternativa, legal e que se pode aprobar sen necesidade de autorización do Goberno central, que servirá para que Galicia dispoña dunha capacidade de gasto adicional de 130 millóns de euros. Autorízase así un suplemento de crédito para adiantar actuacións prioritarias nos servizos públicos e reforzar a atención primaria no Sergas, empregando o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais para este ano.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación, no Consello da Xunta, do anteproxecto de Lei de reforzo de actuacións prioritarias que permitirá utilizar o 100% do superávit contable de 2018, 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Educación e Servizos Sociais públicos.

Durante a súa intervención, Feijóo precisou que esta ferramenta “alternativa, legal e que se pode aprobar sen necesidade de autorización do Goberno central”, servirá para que Galicia dispoña dunha capacidade de gasto adicional de 130 millóns de euros, xa que ao superávit de 2018 se lle unen outros cinco millóns por aforros de gasto financeiro.

Deste xeito, a través desta lei autorízase un suplemento de crédito que terá un triplo obxectivo: levar a cabo actuacións nos servizos públicos, prioritarias e previstas para os vindeiros anos, e que agora se poderán adiantar xa a 2019; reforzar a atención primaria no Servizo Galego de Saúde, para afrontar a nova planificación e os retos nos vindeiros anos; e todo isto empregando o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais para este ano e sen agardar a que España recupere a estabilidade.

“En definitiva, pensamos que Galicia non pode agardar máis, non pode verse prexudicada pola inestabilidade da política estatal. E, non pode agardar máis porque ten recursos para facer fronte a actuacións prioritarias e, por iso, o Consello da Xunta vén de aprobar este proxecto de lei”, abundou, referíndose, ademais, a varias razóns de operatividade que xustifican a urxencia de que estas actuacións se poidan facer canto antes, como é o feito de que os investimentos en centros educativos e en escolas infantís públicas se teñan que facer no período vacacional de verán; “e queremos reforzar o antes posible a Atención Primaria, tanto no eido do persoal como de equipamento”, reiterou.

Tralo bo peche do exercicio orzamentario de 2018, o responsable do Executivo autonómico fixo fincapé en que este mecanismo alternativo permitirá acometer unha serie de operacións de reordenación do endebedamento do sector público autonómico que: xera aforros nas cargas fiscais futuras, e posibilita unha serie de dispoñibilidades crediticias que permiten financiar novas actuacións prioritarias. Este novo crédito financiarase reorientando o gasto dedicado a amortizar débeda da Comunidade –concretamente, das entidades SPI e Xestur-.

“En resumo, utilizaremos o superávit para reducir a débeda da Comunidade e así liberamos créditos orzamentarios cos que financiaremos novos investimentos en Sanidade, Educación e nos Servizos Sociais públicos”, sinalou, explicando que deses 130 millóns de euros: 96 estarán recollidos expresamente neste proxecto normativo e se investirán entre este ano e o que vén; e 34 millóns quedarán dispoñibles na Sociedade Pública de Investimentos.

Distribución do superávit deste ano

En relación a distribución do superávit neste 2019, Feijóo precisou que á Sanidade Pública destinaranse 22 millóns para: un aumento en máis de 200 prazas de persoal na Atención Primaria; mellora de equipamento de centros de saúde e hospitais, construción de novos centros de saúde; e mellora do transporte sanitario urxente. “Isto supón, en definitiva, na Sanidade pública máis de 40 millóns de euros entre o ano 2019 e 2020”, detallou.

No eido da Educación Pública, este ano investiranse 22,7 millóns na mellora de instalacións, con actuacións en 22 colexios e institutos. E, en relación aos Servizos Sociais Públicos, destinaranse 6,2 millóns de euros a actuacións de mellora das instalacións das escolas infantís, centros de maiores e residencias. Así mesmo, destinarase unha achega de 3 millóns de euros para actuacións no medio rural.

Cómpre subliñar que parte das actuacións encadraranse como investimentos financeiramente sostibles, polo que a súa execución non afectará ao cumprimento da regra de gasto neste 2019, tal como permite o real decreto que o Goberno aprobou a instancias de Galicia.

“Con esta lei investiremos, polo tanto, 96 millóns de euros: 48 millóns este ano e outros 48 millóns en 2020. E, a maiores, quedará dispoñible unha capacidade adicional de investimentos doutros 34 millóns -17 millóns cada ano-, que non teñen que formar parte desta lei e cos que se financiarán outras actuacións ao longo do exercicio a través da Sociedade Pública de Investimentos”, dixo a modo de resumo.

Logo de precisar que o documento será remitido inmediatamente ao Parlamento, Feijóo concluíu lembrando que Galicia vén sendo na última década a comunidade autónoma de referencia no cumprimento das regras fiscais.

R., 2019-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260601-cgac.jpg) A Filmoteca de Galicia abre mañá a programación de xuño cunha serie de filmes sobre eclipses agrupados baixo o título O obturador cósmico, no marco da xornada inaugural da (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, e pechará o mes o día 30 cunha cita especial arredor do filme Onte á noite conquistei Tebas, de Gabriel Azorín, última proxección da temporada 2025-2026 na sala José Sellier. A carteleira mensual da cinemateca da Xunta inclúe o remate da primeira edición do ciclo Territorios mutantes coa dobre sesión Imaxinarios queer, ademais doutros títulos recentes que abordan esta temática desde perspectivas diversas. Completan o calendario unha proposta destacada en Fóra de serie co pase de Kill Bill: The Whole Bloody Affair en 35 mm e con subtítulos en galego e dúas sesións de Off Galicia con presentación e entrada de balde.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-ia.jpg) A Xunta lidera un consorcio hispano-portugués que busca posicionar a península ibérica en referente na creación e aplicación de tecnoloxías cuánticas e da intelixencia artificial. O proxecto europeo Quantum Iberia, que agrupa 17 entidades de España, en concreto de Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía, e de Portugal, pretende potenciar as capacidades de investigación e innovación, incentivando o uso compartido de recursos dos territorios participantes. O proxecto europeo Quantum Iberia, unha iniciativa de coperación transfronteiriza dotada con preto de 8,9 millóns de euros, presentouse na Axencia Galega de Innovación

Notas

O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC acolle ata o 5 de xuño o DynaFit School 2026, un simposio-obradoiro internacional centrado na análise avanzada de datos experimentais en química, bioloxía e biomedicina. A actividade está organizada pola investigadora Oportunius do grupo QUIMBIO do CICA, Elena Pazos, xunto a Eugenio Vázquez, investigador do CiQUS – Center for Research in Biological Chemistry and Molecular Materials da USC, e Víctor Quesada, investigador da Universidade de Oviedo.
O pleno da Unidade da Muller e da Ciencia da Xunta de Galicia decidiu outorgar o premio María Josefa Wonenburger Planells 2026 á doutora en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, Yolanda Prezado. Este galardón, que lle foi comunicado pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, pretende recoñecer o seu labor de investigación no eido da radioterapia e a decisión foi acadada por consenso e unanimidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES