Notas de prensa

A Axencia Tributaria de Galicia priorizará a asistencia ao contribuínte, a loita contra o fraude fisca, as NT e a especialización

A conselleira de Facenda salienta que afondará nas liñas xa iniciadas e fortalecerá o control do cumprimento tributario. Afirma que potenciar as novas tecnoloxías mellorará o funcionamento dos servizos cun aforro de tempo e custos e cunha mellora da eficacia.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, subliñou que a Axencia Tributaria de Galicia terá como eixos de actuación a asistencia ao contribuínte, a loita contra a fraude fiscal, a potenciación das novas tecnolóxicas e a especialización.

En resposta a unha pregunta no Parlamento, Muñoz Fonteriz subliñou que o novo organismo afondará nas liñas xa iniciadas, fortalecerá o control do cumprimento tributario fomentando a prevención e a loita contra a fraude tributaria, pois detectará os incumprimentos, aumentará a percepción de risco en caso de incumprimento e fomentará o cumprimento voluntario das obrigas fiscais por parte dos cidadáns.

Ademais, a titular de Facenda apuntou que a potenciación das novas tecnoloxías constitúe un elemento fundamental para conseguir o máis perfecto funcionamento dos servizos tributarios, grazas a un aforro de tempo e custos, ademais de mellorar a eficacia e a imaxe pública.

Por outra banda, Elena Muñoz Fonteriz indicou que para lograr unha axeitada visibilidade das funcións de asistencia ao cidadán procederase á súa separación das funcións de xestión tributaria, nas que está actualmente incluída, o que á súa vez permitirá mellorar a eficiencia e eficacia nas actuacións de control extensivo.

Explicou que, para iso, créase unha Área de Colaboración Social, Información e Asistencia na esfera central e departamentos de Información e Asistencia nas delegacións territoriais. Engadiu que tamén se prevé a creación dun servizo de atención telefónico e postos de atención continuada, que funcionarían mediante cita previa co obxecto de facilitar os desprazamentos dos contribuíntes minorando os posibles tempos de espera.

Finalmente, a conselleira subliñou que a Axencia Tributaria facilitará a aplicación dos tributos da comunidade autónoma polos funcionarios seleccionados e formados propiamente para ese labor, os pertencentes ás Escalas de Finanzas da Consellería de Facenda. Igualmente apuntou que permitirá unidade de criterio na aplicación das normas tributarias e maior seguridade xurídica para os contribuíntes, así como a distribución do persoal por áreas funcionais.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES