Noticias

A Xunta presenta o Xacobeo 21 ante o tecido empresarial galego como unha grande oportunidade

Froito da actividade relacionada cos itinerarios xacobeos, Galicia conta hoxe cunha importante industria turística que supón o 10,4% do noso Produto Interior Bruto e ao redor do 11% dos postos de traballo. Nesta liña, estudos de diversas entidades públicas e privadas, estiman que o PIB de Galicia pode crecer entre cinco e seis décimas durante un ano Xacobeo, e consolidarse un crecemento de 1,5 décimas para os anos posteriores. Estes mesmos estudos reflexan que o número de turistas que visitan a nosa Comunidade tende a incrementarse en máis de un millón, dos cales a metade consolidaríanse permanentemente nos anos posteriores.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse hoxe con representantes do tecido empresarial galego para presentar o vindeiro Ano Santo e avaliar o impacto económico desta celebración para toda a Comunidade. Durante un almorzo-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia, en Vigo, Román Rodríguez pronunciou a conferencia Xacobeo 21, oportunidade para a empresa galega, centrada na importancia do Camiño de Santiago para o desenvolvemento de Galicia.

Así, fronte aos máis de cen empresarios que acudiron a cita, o titular de Cultura e Turismo explicou que o Camiño de Santiago “foi durante séculos o principal dinamizador socioeconómico do norte da península” e que a Ruta Xacobea está “profundamente ligada á actividade económica que trae consigo”. “O Camiño de Santiago trouxo visitantes, comercio e un importante desenvolvemento que deixou a súa pegada en todos os pobos e vilas polos que pasa”, subliñou.

Froito da actividade relacionada cos itinerarios xacobeos, Galicia conta hoxe cunha importante industria turística que supón o 10,4% do noso Produto Interior Bruto e ao redor do 11% dos postos de traballo. “O Xacobeo 21 chega nun momento extraordinario. Temos consolidado o noso propio modelo turístico e agora presentásenos unha oportunidade única para construír unha Galicia mellor e máis preparada para o futuro”, sostivo Román Rodríguez.

Nesta liña, o titular de Cultura e Turismo puxo de manifesto que estudos de diversas entidades públicas e privadas, estiman que o PIB de Galicia pode crecer entre cinco e seis décimas durante un ano Xacobeo, e consolidarse un crecemento de 1,5 décimas para os anos posteriores. Estes mesmos estudos reflexan que o número de turistas que visitan a nosa Comunidade tende a incrementarse en máis de un millón, dos cales a metade consolidaríanse permanentemente nos anos posteriores. “Estas cifras revelan que a oportunidade que temos por diante é inigualable”, destacou.

Co obxectivo de aproveitar esta oportunidade, Román Rodríguez convidou aos representantes do tecido empresarial a involucrarse na planificación do vindeiro Ano Santo e poder desenvolver un Xacobeo que sexa “fonte de orgullo, riqueza e progreso para todos os galegos”.

Incentivos fiscais

Para incentivar a participación do tecido empresarial no vindeiro Ano Santo, as entidades recibirán, tal e como explicou o titular de Cultura e Turismo “os máximos beneficios fiscais establecidos pola lei”. Nesta liña, Román Rodríguez detallou que existen tres categorías de colaboración: convenios, doazóns e publicidade.

No caso dos convenios, as entidades colaboran con aportacións directas para financiar unha actividade concreta. “Estas aportacións deducirán o 100% da cantidade satisfeita sobre a base impoñible do imposto de sociedades, no caso das persoas xurídicas, e sobre o rendemento neto, no caso das persoas físicas”, precisou. As doazóns, pola súa banda, poderán ser económicas, de bens ou de dereitos. “Neste caso as persoas xurídicas poderán deducir o 40%, mentres que as persoas físicas poderán deducir o 80% ata os primeiros 150 euros e o 35% do resto”. Por último, haberá deducións fiscais por gastos de publicidade. Nestes casos, a cantidade que se poderá desgravar pode chegar a supor o 90% relativo ao 15%, do que unha empresa inviste en materia de publicidade e promoción.

A finalidade de todos estes incentivos é, segundo salientou Román Rodríguez, “construír un Xacobeo 21 do que todos os galegos se sintan parte”.

R., 2019-04-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES