Notas de prensa

Guerra salienta a capacidade dos clúster para xerar valor engadido

O apoio da Consellería de Economía e Industria fixo posible a recente constitución de 5 novos clúster galegos.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salientou no Parlamento de Galicia que o apoio da Xunta á creación de novos clúster e ao fortalecemento dos que xa se teñen constituído está orientado a fomentar a xeración de valor engadido e a mellorar a capacidade competitiva da industria galega, no eido internacional.

Javier Guerra, en resposta a unha pregunta parlamentar, destacou que o apoio da Consellería fixo posible a recente constitución de 5 novos clúster galegos relacionados co sector da loxística, a saúde, a agricultura, as provedoras da construción e do auga mineral.

O conselleiro salientou que, nesta lexislatura, os apoios de Economía e Industria aos clúster están a ter un carácter “transversal”, o que implica que a través do Igape e máis da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, a Consellería tense facilitado a mobilización de investimentos por máis de 11 millóns de euros, por medio dos clúster galegos.

Guerra lembrou que o Goberno da Xunta está a facilitar melloras na xestión, a competitividade e os servizos que prestan os clúster ás empresas asociadas, favorecendo ao mesmo tempo a colaboración entre eles e aforros nas súas estruturas.

Neste eido, a través da participación do Igape no proxecto europeo “At-Clústers”, mantense unha relación periódica con todos os representantes xerentes dos clúster galegos. A partires dos encontros periódicos conxuntos promovidos pola Consellería, organízanse grupos de traballo nos que colaboran quince clúster galegos comprometidos nesta iniciativa.

Neste eido, como froito do traballo dos clúster galegos e a coordinación da Consellería, Guerra salientou, entre outras iniciativas, o proxecto de establecer a localización dun “espazo-clúster”, compartido entre diferentes clúster onde sexa posible optimizar os seus recursos e xerar maiores sinerxías e aforros.

Estes grupos de traballo tamén están avanzando na definición e contratación de programas de formación dos directivos dos clúster, na creación dunha plataforma colaborativa, dun sistema de xestión interna e máis dun programa piloto de vixiancia competitiva.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES