Noticias

O comercio galego celebra desde hoxe ata o 26 de maio unha nova edición dos 'Días azuis' para dinamizar a súa actividade

Presentouse esta mañá unha nova edición da campaña Días azuis do comercio galego, organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta, e que se celebra desde hoxe ata o 26 de maio co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade. Durante estas dúas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade. Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante. Entre todos os participantes sortearanse un total de 16.200 euros en 80 tarxetas prepago.

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou esta mañá en Ourense unha nova edición da campaña Días azuis do comercio galego, organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta, e que se celebra desde hoxe ata o 26 de maio co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade.

Na súa intervención, a directora xeral destacou que durante estas dúas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade, “tan importante para a nosa economía”. Neste sentido, animou aos galegos e galegas a comprar, gozar e apoiar a actividade deste tipo de locais ao longo de todo o ano.

Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante. Entre todos os participantes sortearanse un total de 16.200 euros en 80 tarxetas prepago: 28 de 300 euros e 52 de 150 euros, que deberán ser utilizadas polos gañadores nos establecementos tradicionais galegos. O sorteo, ante notario, realizarase o vindeiro 29 de maio.

Comercio 360

A iniciativa enmárcase no Plan estratéxico de impulso ao comercio de Galicia que a Xunta está a desenvolver para reforzar este sector e que contempla un total de 55 accións específicas ata 2020. Nesta aposta pola sector, o Goberno galego vén de presentar Comercio 360, unha iniciativa que pretende mellorar a competitividade do sector a través da dixitalización, a economía circular e o produto local e que contempla medidas como a implantación de laboratorios comerciais ou unha liña de axudas á ecoinnovación.

Esta nova iniciativa, dirixida a pemes de menos de 10 traballadores, ten como obxectivo ofrecer aos establecementos unha folla de ruta para conseguir un comercio diverso, moderno e adaptado ás novas realidades e servizos, o que permitirá dinamizar tamén os centros urbanos das cidades e vilas galegas para facelos máis atractivos aos cidadáns, turistas e visitantes.

R., 2019-05-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES