Noticias

Galicia é a terceira comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual e cun mellor comportamento que o Estado

Galicia é a terceira comunidade na que máis baixou o paro en marzo con respecto a hai un ano superando, ademais, a media de caída de desemprego rexistrada no Estado, con case tres puntos de diferencia. Así, a Comunidade galega rexistrou no mes de marzo unha baixada do paro do -7,70% fronte ao -4,89% de España. En Galicia, polo tanto, hai 14.262 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década. O paro, polo tanto, continúa caendo, case 5 anos e medio de xeito consecutivo. O desemprego tamén descende na evolución mensual, nun 1,65% (-2.868 persoas).

Con respecto á evolución anual das afiliacións, Toca sinalou que continúan crecendo, situándose a niveis de hai 8 anos. Galicia volve a superar a barreira do millón de cotizacións aumentando nun 1,98% (+19.521). É a segunda maior subida nun mes de marzo desde o inicio da crise económica. A Comunidade, ademais, leva cinco anos de incrementos consecutivos, desde abril de 2014. En canto á evolución mensual, Galicia rexistrou 7.094 afiliacións máis que no mes de febreiro. O incremento producido é o maior nun marzo de toda a serie histórica, desde 2005.

A secretaria xeral, así mesmo, indicou que o desemprego baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta: os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración. De feito, 4 de cada 5 persoas que saíron do paro no último ano atopábanse nesta última situación.

O paro tamén caeu nas catro provincias e sete grandes cidades galegas e en todos os sectores de actividade liderando o descenso a construción (-21,10%), seguido da industria (-10,51%), da agricultura e a pesca (-8,31%) e dos servizos (-5,19%).

Actividade industrial

Con respecto á actividade industrial, a secretaria xeral de Emprego indicou que desde abril de 2009 este sector rexistrou unha redución do desemprego do 45,52% salientando a estabilidade e solvencia da Comunidade galega. Engadiu, ao respecto, que nos últimos 10 meses o paro neste sector baixou en Galicia fronte á subida do Estado.

En canto á baixada por provincias, Lugo lidera a caída cun descenso do 9,36%, seguida da Coruña (-8,14%), de Pontevedra (-7,85%) e de Ourense (-4,11%).

Evolución mensual

Con respecto á evolución mensual, Toca indicou que a cifra de caída do paro é “moi positiva” porque nos meses de marzo dos últimos dez anos (2009-2018) o descenso medio foi de 882 persoas. Ademais, o ritmo de baixada do desemprego é superior ao reflectido no Estado, ao igual que a subida rexistrada nos contratos.

A secretaria xeral de Emprego indicou que a evolución positiva do desemprego súmase á da economía galega que leva 4 anos consecutivos crecendo en torno ao 3%. Apuntou que a Xunta está a apostar polos programas de emprego que combinan a formación e a contratación como Galicia Emprega que está en marcha, unha iniciativa dirixida a mulleres, parados de longa duración, a mocidade e as persoas con capacidades diferentes.

Responsabilidade Social Empresarial

Na visita que a secretaria xeral de Emprego realizou á empresa Zenit Televisión, indicou a importancia de que o tecido empresarial galego aposte por modelos de negocio baseados na Responsabilidade Social Empresarial (RSE), na igualdade laboral e na conciliación laboral e persoal.

Toca sinalou que a RSE xera beneficios ás pemes e incrementa a súa competitividade ao apostar por políticas máis eficientes, sustentables e integradoras. “A competitividade das empresas crecerá se existe un verdadeiro compromiso coa economía verde e responsable”, engadiu.

R., 2019-04-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES