Noticias

Entra en vigor a Lei de reforzo de actuacións prioritarias, que permitirá empezar a usar o superávit de 125 millóns de 2018

A Lei 2/2019 de Reforzo de actuacións prioritarias, aprobada esta semana no Parlamento, permitirá que Galicia poida empezar a utilizar xa o superávit contable de 2018, un total de 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Ensino e Servizos Sociais públicos. A través desta lei autorízase un suplemento que permitirá empregar o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais. “No que atinxe ao destino dos créditos suplementados, a maior parte das actuacións afectan políticas de gasto social, que se complementan cun financiamento adicional para infraestruturas forestais preventivas”, establece o texto da lei.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Lei 2/2019, de Reforzo de actuacións prioritarias, unha normativa aprobada o pasado martes no Parlamento que permitirá que Galicia poida empezar a utilizar xa o superávit contable de 2018, un total de 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Ensino e Servizos Sociais públicos.

A través desta lei –que entrará en vigor mañá sábado- autorízase un suplemento de que permitirán empregar o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais. “No que atinxe ao destino dos créditos suplementados, a maior parte das actuacións afectan políticas de gasto social, que se complementan cun financiamento adicional para infraestruturas forestais preventivas”, establece o texto da lei.

Actuacións prioritarias este ano

Tal como indica a Lei publicada hoxe no DOG, na Sanidade Pública auméntase o crédito en 16 millóns de euros para aumentar prazas de persoal na Atención Primaria, para equipamento de centros de saúde e hospitais, e para o transporte sanitario urxente. A previsión da Xunta é destinar neste 2019 á Sanidade pública 22 millóns do superávit de 2018, incluíndo os 16 millóns de euros xa establecidos nesta lei.

A lei tamén establece que no eido do ensino público auméntase o crédito en 22,7 millóns para a mellora de centros de ensino, con actuacións de rehabilitación e mellora das instalacións en 22 colexios e institutos públicos. En canto aos Servizos Sociais de carácter público, a lei eleva o crédito en 6,2 millóns de euros para actuacións de mellora das instalacións das escolas infantís, centros de maiores e residencias. Finalmente, destinarase unha achega de 3 millóns de euros para actuacións no medio rural, concretamente no eido da defensa contra os incendios forestais.

Galicia usará o superávit de 2018 para reducir a débeda da Comunidade Autónoma, co que se liberan créditos orzamentarios para financiar novos investimentos en Sanidade, Educación e nos Servizos Sociais públicos. Dos 130 millóns de nova capacid

R., 2019-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES