Notas de prensa

Máis de 150 mulleres do rural galego participan en Tomando as rendas

O programa, desenvolvido por Fundetec en colaboración coa Xunta, chegará a 40 concellos integrados na rede de aulas CeMIT das catro provincias. As participantes elaborarán o seu propio plan de empresa co apoio de titores e profesionais especializados.

A Xunta pon en marcha a iniciativa "Tomando as rendas" para fomentar o autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais e formalas no uso das novas tecnoloxías. Este proxecto, chegará a 40 concellos, está impulsado pola fundación Fundetec, a Plataforma Enlaces e Deglobé, e desenvólvese en Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), en colaboración coa Consellaría de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade e BIC Galicia.

"Tomando as rendas" ofrece solucións de autoemprego e emprendemento ás mulleres do ámbito rural para que poidan aproveitar as oportunidades empresariais que teñen ao seu arredor e poñan en marcha a súa propia empresa. Ademais, búscase incentivar e transmitir confianza ás usuarias no uso das TIC a través de cursos de capacitación dixital complementarios. A formación será presencial e online e impartirase en 40 municipios integrados na Rede de Centros para a Modernización Tecnolóxica (CeMIT) da Amtega.

Perfil das participantes

As máis de 150 mulleres que se inscribiron na iniciativa teñen un perfil heteroxéneo. Abranguen un amplo tramo de idade que vai dos 20 aos 50 anos, e participan mulleres en situación de desemprego, como traballadoras por conta allea e mesmo emprendedoras que acaban de poñer en marcha a súa propia empresa e queren ampliar a súa formación.

Charlas informativas

A primeira fase do proxecto é a de motivación ao emprendemento e xeración e maduración de ideas empresariais, na que a través de charlas impartidas por profesionais de BIC Galicia, as participantes afianzarán a súa idea de negocio e tomarán o pulo necesario para acometer esta labor con éxito.

Ademais, farase fincapé na importancia de elaborar un plan de viabilidade e daranse a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición as emprendedoras galega, especialmente os programas de apoio ao emprendemento da Consellería de Traballo e Benestar. A formación impartirase de xeito presencial nas aulas CeMIT a través do sistema de videoconferencia en grupos de catro ou cinco concellos ata primeiros de xullo.

Capacitación en alfabetización dixital

O itinerario formativo complétase con cursos de capacitación dixital que se ofrecerán como complemento opcional e que proporcionarán os axentes TIC das aulas CeMIT, que son os profesionais que se ocupan destes centros. Así, as usuarias que o soliciten poderán acceder á formación dixital básica, xestión de empresa e capacitación en ofimática.

A través desta formación complementaria, as participantes na iniciativa estarán preparadas para aplicar as novas tecnoloxías na elaboración do seu plan de empresa e na xestión do seu negocio, unha vez que sexa implantada a idea.

Talleres para elaborar un Plan de Empresa

A última fase do programa é a elaboración dun Plan de Empresa, que se articula a través de cinco talleres online sobre coñecementos a nivel financeiro, contable e laboral requiridos para a elaboración dun plan de empresa. Estes talleres póñense a disposición das usuarias a través da plataforma do proxecto: www.tomandoasrendas.es.

Nos talleres abordaranse os aspectos económicos como a elaboración dun plan financeiro; coñecementos de mercadotecnia analizando estudos de mercado e técnicas de venda, e a xestión de recursos humanos para aprender a seleccionar contratar e formar os colaboradores da organización.

Para desenvolver o Plan de Empresa as usuarias teñen á súa disposición un programa de titorización e acompañamento permanentes a través dunha Rede de Asesores altamente cualificados que Fundetec pon a disposición do programa. Ademais, as participantes terán a posibilidade de participar nunha rede social específica onde poidan intercambiar experiencias sobre o proxecto que están a poñer en marcha con outras usuarias doutras comunidades coas súas mesmas inquietudes emprendedoras.

Suma de sinerxías

O proxecto "Tomando as rendas" conta con fondos Avanza 2 do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e do Fondo Social Europeo, e está coordinado por Fundetec en colaboración coa Plataforma Enlaces e Deglobé. O seu desenvolvemento en Galicia é posible grazas á suma das sinerxías e recursos cos que conta a Administración autonómica: a Rede CeMIT da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, os medios e profesionais en formación de emprendedores da Consellaría de Traballo e Benestar e BIC Galicia, e a capacidade de difusión da Secretaría Xeral da Igualdade a través dos Centros de Información á Muller.

Sobre Fundetec

A Fundación para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade (www.fundetec.es) é unha fundación sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é contribuír ao fomento de sociedade da información en España mediante o desenvolvemento de iniciativas que favorezan o acceso de cidadáns, empresas e institucións ás Tecnoloxías de ión e ión (TIC) e a redución da brecha dixital. As accións promovidas por Fundetec estrutúranse en torno a tres liñas de traballo: alfabetización dixital de colectivos sociais en risco de exclusión; fomento do uso das TIC en pemes, microempresas e autónomos como ferramenta para mellorar a súa competitividade; e estímulo á formación en TIC dos empregados a través dos programas Fogar Conectado a Internet (HCI).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES