Noticias

Nace “NÓS, AS MULLERES” a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia

Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de presentación de “NÓS, AS MULLERES”, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que congregou a decenas de cooperativistas entre socias e membros de consellos reitores ou xerentes. A Asociación nace nun contexto social no que, se ben o 45% de persoas socias de cooperativas agroalimentarias en Galicia son mulleres (sobre un total de arredor de 27.800 persoas socias), os órganos de administración destas entidades contan só cun 22% de participación feminina, segundo datos do ano 2017 do Observatorio Socioeconómico doCooperativismo Agroalimentario Español, que contabiliza os datos de entidades asociadas a AGACA.

Así pois, o obxectivo da Asociación é o desenvolvemento efectivo e integral da muller, das súas capacidades, da súa participación e da promoción da igualdade no seo do movemento das cooperativas e SAT socias de AGACA. Busca dar visibilidade á muller empresaria, directiva, profesional e traballadora en todos os ámbitos económicos e sociais do movemento asociativo agrario e do mundo rural no seu conxunto.

Ruth Rodríguez, axente de Igualdade de Xénero en AGACA, explicou que poden asociarse “mulleres que formen parte dos Órganos de Administración ou do cadro de persoal de entidades socias de AGACA, socias designadas de entre o colectivo de mulleres que formen parte das entidades e, en calidade de ‘colaboradores’, persoas xurídicas socias de AGACA e organismos públicos e privados”, e reafirmou a importancia de “romper o teito de cristal e fomentar o emprendedorismo”.

José Montes, presidente de AGACA, destacou a importancia de traballar para que as “xeracións que veñen non teñan que reivindicar a igualdade de xénero que aquí hoxe estamos reivindicando“.

Dolores Calvo, vogal de AGACA e vicepresidenta de AMCAE convidou ás mulleres a “perder o medo a participar, a decidir, a ser parte da empresa e entrar nos órganos de decisión, neste caso das cooperativas“.

Susana López indicou: “Como secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, parécenos que a visibilidade da muller rural é importantísima. Ë fundamental conciliar vida familiar, laboral e tempo de ocio ao que temos dereito, sen sentirse culpable“.

Durante a clausura do acto, Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, destacou a relevancia do peso económico da muller no rural e que “ninguén pode cuestionar a capacidade das mulleres que xa está máis que demostrada. O emprego ten, no século XXI, carácter feminino”.

José Manuel Tellado, vicepresidente de AGACA afirmou: “Cómpre normalizar a presenza das mulleres nos Consellos Reitores”.

Entre as accións xa programadas pola Asociación atópanse un obradoiro de “Apoderamento de mulleres socias de cooperativas” con sesións formativas e visitas a cooperativas.

R., 2019-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES