Noticias

Unha nova ferramenta contra o acoso escolar permitirá que os docentes poidan intervir dun xeito áxil e rápido ante posibles conflitos

A nova ferramenta, que se activará nos próximos días, está configurada como un cuestionario en liña, sinxelo e de fácil aplicación, que poderán empregar os docentes en calquera momento en que sexa necesario para obter información sobre o ambiente de convivencia na súa aula. Está prevista para ser utilizada, tal e como informou Rueda, nos últimos cursos de educación primaria (5º e 6º) e en secundaria, bacharelato e FP. Logo da decisión do profesor de activar o Termómetro Acoso Escolar, e unha vez que o alumnado o complete, xerarase de forma automática un informe detallado para a aula, que incluirá indicadores clave sobre a convivencia, o benestar emocional do grupo e a detección de posibles casos de acoso. Este informe servirá de base para a reflexión docente e para a toma de decisións pedagóxicas orientadas á mellora da convivencia e á intervención educativa cando sexa necesario.

O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, sinalou hoxe que a Xunta dá un paso máis na loita contra o acoso e o ciberacoso escolar coa posta en marcha dunha nova ferramenta, o Termómetro Acoso Escolar, que contribuirá a unha mellor detección e prevención deste tipo de situacións. Segundo Rueda, está “orientado a previr e actuar cando se produzan os casos de acoso nos centros escolares, que teñen que seguir sendo espazos seguros e libres de calquera violencia”.

Trátase dun cuestionario dixital que os docentes poderán activar en calquera momento do curso, tanto nun aula concreta como en todo o centro, ante unha sospeita dunha posible conduta contraria á convivencia entre o alumnado. Deste xeito, desde este curso, os centros poderán obter información individualizada e analizar a súa situación neste eido e, a partir dela, deseñar e aplicar as medidas máis axeitadas ás súas circunstancias.

Tal e como explicou Rueda, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional avanza así no desenvolvemento do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso que este curso se reforza con esta ferramenta e coa nova Rede de Concellos contra o Acoso Escolar en que se está a traballar, así como outras medidas que deriven dos resultados da quinta macroenquisa de convivencia que se están procesando.

Estas novas accións súmanse ás que xa están en funcionamento como os puntos Laranxa, caixas de correo físicas e dixitais para denunciar posibles casos de xeito anónimo; ou os equipos de actuación contra o Acoso Escolar, integrados por docentes que reciben formación específica.

Modo de funcionamento

A nova ferramenta, que se activará nos próximos días, está configurada como un cuestionario en liña, sinxelo e de fácil aplicación, que poderán empregar os docentes en calquera momento en que sexa necesario para obter información sobre o ambiente de convivencia na súa aula. Está prevista para ser utilizada, tal e como informou Rueda, nos últimos cursos de educación primaria (5º e 6º) e en secundaria, bacharelato e FP.

Logo da decisión do profesor de activar o Termómetro Acoso Escolar, e unha vez que o alumnado o complete, xerarase de forma automática un informe detallado para a aula, que incluirá indicadores clave sobre a convivencia, o benestar emocional do grupo e a detección de posibles casos de acoso. Este informe servirá de base para a reflexión docente e para a toma de decisións pedagóxicas orientadas á mellora da convivencia e á intervención educativa cando sexa necesario.

No cuestionario inclúense preguntas orientadas a detectar posibles vítimas, posibles situacións de acoso en que o alumnado é espectador ou posibles persoas acosadoras tanto fisicamente como a través da internet e das redes sociais. Esta posibilidade de aplicación á demanda permite que cada docente poida testar de maneira puntual ou periódica o clima relacional do grupo, identificando posibles conflitos, tensións ou situacións de risco relacionadas co acoso escolar ou a exclusión social.

Plataforma de datos

Ademais, todos os datos recollidos estarán integrados nunha plataforma centralizada xestionada pola propia Consellería de Educación, na cal se garantirá a confidencialidade e anonimización da información individual.

Esta base de datos permitirá elaborar informes globais sobre o estado da convivencia escolar en Galicia, con posibilidade de análises desagregadas por zonas xeográficas, por etapas educativas ou por centros específicos. Deste xeito, disporase dunha visión integral e dinámica da situación, o que facilitará a planificación de estratexias de prevención, detección temperá e actuación fronte ao acoso escolar desde unha perspectiva tanto local como sistémica.

R., 2025-09-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES