Notas de prensa

Máis de 8.300 actuacións foron cofinanciadas por fondos Feder en Galicia no período 2007-2011

Durante a reunión do Comité de Seguimento levouse a cabo o exame e análise do Informe de execución da anualidade 2011 do FEDER-Galicia. Presentáronse boas prácticas de comunicación durante o exercicio 2011 e por primeira vez boas prácticas de xestión.

Un total de 8.340 actuacións foron cofinanciadas en Galicia polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no período 2007-2011 no ámbito da economía do coñecemento e da innovación empresarial.
Deste conxunto, 6.141 pertencen ao Eixe 1 de Desenvolvemento da economía do coñecemento (I+D+i, Sociedade da Información e TIC). Por outra banda, 2.199 proxectos foron cofinanciados no marco do Eixe 2 de Desenvolvemento e innovación empresarial.

Santiago acolleu a celebración do Comité de Seguimento do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER-Galicia 2007-2013. A reunión contou coa presenza de representantes da Comisión Europea coma o xefe de Unidade do FEDER-España, Jonathan Denness e a administradora do FEDER e Fondo de Cohesión de Galicia, Laia Pinós.

Por parte do Executivo galego, encabezou este foro o director xeral de Planificación e Fondos da Consellería de Facenda, Javier Rodríguez Seijo. Ademais, contou con representantes das organizacións económicas e sociais con máis representatividade de Galicia, con representantes da Administración do Estado e dos órganos xestores da Xunta de Galicia.

Entre outros asuntos, o Comité de Seguimento someteu a exame e análise o Informe de execución da anualidade 2011, para o que se fixo unha breve presentación do avance dos indicadores e da execución financeira.

Neste contexto, describíronse as principais características da execución a través, principalmente, dos indicadores de empresas beneficiadas, número de proxectos e emprego asociado aos proxectos, xunto aos datos obtidos respecto ao investimento privado inducido.

Outros temas abordados neste foro

O foro tamén abordou a situación na que se atopa o Programa Operativo FEDER en relación co cumprimento da regra n+2. O cumprimento desta regra por parte da Xunta garante o libramento do importe dos compromisos comunitarios correspondentes aos anos anteriores.

Debateuse ademais, sobre a aplicación e seguimento do Plan de Comunicación que este ano se inclúe por primeira vez como unha parte do informe anual.

Neste apartado descríbense as actuacións de comunicación desenvolvidas tanto pola Xunta de Galicia, como as levadas a cabo polos diferentes organismos da Administración Xeral do Estado.

Entre as principais medidas de publicidade, destacan as seleccionadas como Boas prácticas entre as que se atopan tres presentadas polo Executivo galego: o vídeo de difusión dos Fondos Estructurais en Galicia no ano 2011, a campaña de comunicación FEDER-2011 e a campaña de promoción turística de Galicia ‘Gárdasme o segredo’.

O Comité celebrado hoxe é unha actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, no marco no Programa Operativo FEDER de Galicia 2007-2013 con cargo ao Eixe 7 de Asistencia Técnica deste fondo, tema prioritario 85, cunha taxa de cofinanciamento do 80%. FEDER “Unha maneira de facer Europa”.

Por outra parte, Santiago acollerá este xoves 19 de xuño a celebración do Comité de Seguimento do Fondo Social Europeo (FSE). Ambas as dúas reunións servirán para estudar os progresos alcanzados na consecución dos obxectivos específicos dos Programas Operativos destas dúas fontes de financiamento, con especial atención á complementariedade entre os mesmos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES