//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A selección dos proxectos primouse o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos e solucións que supoñan un avance significativo ou un alto impacto económico. Así mesmo, nesta convocatoria destinarase un 8% máis de orzamento que na anterior, chegando aos 27 millóns de euros en axudas para beneficiar a un total de 169 empresas o 93% pemes, e a 24 centros tecnolóxicos e organismos de investigación, co obxectivo de xerar 72 empregos cualificados.
A Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega da Xunta de Galicia comprende, entre outras iniciativas, o programa Galicia Exporta, a iniciativa Bolseiros de Internacionalización e o Plan de Fomento das exportacións galegas (FOEXGA), para conseguir que as exportacións galegas representen o 40% do P.I.B. da nosa Comunidade. Tendo superado a barreira dos 21.000 millóns de euros en 2017, Galicia bate records cun superávit comercial de 2.695,8M nos primeiros oito meses de 2018.
Terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que superasen algún módulo dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais. Trátase dunha acción enmarcada na Axenda 20 da Administración autonómica, para favorecer as oportunidades laborais dos galegos e galegas, e para que a formación que se imparte se adapte ás demandas reais do tecido produtivo do país.
En 2019 a Xunta de Galicia volverá reducir un 2,5% o gasto en xuros da débeda, o único capítulo orzamentario que baixa respecto a este ano. Con esta evolución, Galicia terá acadado o vindeiro exercicio un aforro acumulado en xuros da débeda de 576 millóns de euros nos últimos cinco anos. Galicia disporá o vindeiro ano dunha capacidade gasto de 9.850 millóns de euros, o que permitirá manter o crecemento e aumentalo en 363 millóns para reforzar o gasto social, facer máis investimentos, impulsar a creación de emprego e aprobar novas baixadas de impostos.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, compareceu no Parlamento de Galicia, a petición propia, para abordar o anuncio de Alcoa de pechar as plantas tanto da Coruña como de Avilés e solicitar ao Goberno central que tome a iniciativa para buscar solucións a través do diálogo. Neste sentido, asegurou que a Xunta seguirá apoiando ao Estado na defensa dos postos de traballo. Conde pediu tamén a unanimidade da Cámara para que apoie á Xunta na alianza co Goberno asturiano e cos traballadores co obxectivo de manter os empregos que están en xogo e a actividade industrial.
Galicia continúa sendo a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, ao acadar no mes de agosto un período medio de pago de 14 días, fronte aos 38 días de media autonómica, segundo os datos oficiais do mes de referencia publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Neste mes, o período medio de pago de Galicia situouse 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Pola contra, a media autonómica quedou en 38 días, o que ratifica que Galicia aboa os seus pagamentos 24 días antes que o conxunto das comunidades.
A primeira incubadora galega do sector biotecnolóxico, converterase nun verdadeiro viveiro de oportunidades de investimento de alta rendibilidade permitindo a incubación de 40 novas bioempresas en Galicia. BioIncubaTech, da que xa manifestaron o seu interese en participar máis de 30 empresas tratoras como Inditex, Coren, Finsa ou Biofabri, enmárcase na Estratexia galega de impulso á biotecnoloxía 2016-2020, que ten entre os seus principais eixos de acción o de fomentar a transferencia de coñecemento ao mercado.
Manteranse as rebaixas fiscais en vigor e aprobaranse catro novas baixadas: no Imposto sobre Transmisións Patrimoniais no caso de vivenda usada habitual, no de Sucesións para as herdanzas entre irmáns, no de Patrimonio e en innovación
Tanto a Xunta como o Principado de Asturias xa se puxeron en contacto co Ministerio de Industria e co Ministerio para a Transición Ecolóxica para coñecer as propostas que se contemplan neste asunto
Prevese o investimento máis cuantioso por proxecto en toda Europa, con ata 100.000 euros de axuda por iniciativa, só na fase de incubación. A previsión é lanzar tres convocatorias (a primeira, en novembro) que mobilizarán como mínimo 4.750.000 ata finais de 2021, dando soporte a 19 empresas e creando 60 empregos directos.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de
Galicia (CPXG) lamenta o ERE que presentou o xornal Atlántico Diario, de
Rías Baixas Comunicación S.A., pertencente ao Grupo La Región e que afecta
a once traballadores, sete da área de redacción.
Publícanse no DOG as ordes reguladores das axudas da Xunta ás axencias de viaxes para comercializar e promocionar o destino Galicia e mais para acometer obras de mellora nos acampamentos turísticos.
O proxecto conta co apoio do Fondo Social Europeo e nel participan como socios o Goberno de Navarra, o Cabildo Insular de Tenerife e Uniminho/Associaçao do Vale do Minho Transfronteiriço.
O convenio asinado entre o Clúster TIC e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) permitirá a ambos sectores optimizar recursos e desenvolver actividades conxuntas de ámbito formativo, comercial, científico e tecnolóxico. A colaboración afiánzase nunha xornada compartida de networking.
Galicia é a comunidade con menor déficit público das 17 comunidades, no ano 2011, e é a única de réxime xeral de financiamento que non acudiu ao rescate do Goberno de España para pagar aos provedores, asegura o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
O presidente da Xunta lembra que un dos principais éxitos turísticos de Galicia, o Xacobeo, xurdiu en plena deflación económica e en medio dunha gran incerteza e avoga por non interromper ese gran exemplo pese aos pésimos tempos.
Os directivos da multinacional china confirmaron o importante investimento durante a visita do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, ás instalacións de Citic Group en Luoyang. Os investimentos a realizar en Porriño mellorarán a competitividade da planta de Citic Censa, que poderá fabricar pezas de caldeirería de ata 15 metros de diámetro, fronte ao máximo actual de 12 metros.
O presidente da Xunta pon de exemplos a Pemex e Nestlé que "volve a apostar por Galicia, converténdoa no centro mundial de produción de leite condensada da compañía. Os investimentos de empresas mundiais en Galicia xeran confianza porque a competitividade e produtividade están garantidas.
O titular da Xunta lembra que Galicia é a comunidade máis solvente, a que mellor paga e a única que non tivo que acudir ao rescate do Goberno central para pagar as súas facturas.
La iniciativa permite descargar contenidos multimedia por el cable de carga de las baterías del vehículo mientras éste se recarga. CTAG y la viguesa Welgood Solutions han colaborado en su desarrollo.