Noticias

A cuarta edición do Conecta Peme mobilizará máis de 47 millóns en 54 proxectos de innovación empresarial

A selección dos proxectos primouse o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos e solucións que supoñan un avance significativo ou un alto impacto económico. Así mesmo, nesta convocatoria destinarase un 8% máis de orzamento que na anterior, chegando aos 27 millóns de euros en axudas para beneficiar a un total de 169 empresas –o 93% pemes–, e a 24 centros tecnolóxicos e organismos de investigación, co obxectivo de xerar 72 empregos cualificados.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa so Consello que a cuarta edición do Conecta peme mobilizará máis de 47 millóns de euros en 54 proxectos de innovación empresarial.

Máis polo miúdo, Feijóo explicou que para a selección dos proxectos primouse o novidoso das tecnoloxías xeradas e a súa capacidade para poñer no mercado novos produtos e solucións que supoñan un avance significativo ou un alto impacto económico.

Así mesmo, nesta convocatoria destinarase un 8% máis de orzamento que na anterior, chegando aos 27 millóns de euros en axudas para beneficiar a un total de 169 empresas –o 93% pemes–, e a 24 centros tecnolóxicos e organismos de investigación, co obxectivo de xerar 72 empregos cualificados.

Cómpre salientar que dos 54 proxectos: 38 están vinculados ao desenvolvemento experimental; 9 a potenciar a Industria 4.0 a través de proxectos de innovación en materia de organización e proxectos e 7 terán como obxectivo a investigación industrial. E, por sectores, preto do 30% centraranse na área da nanotecnoloxía e materiais e tecnoloxías da produción; cerca do 28% no eido da enerxía e do medio ambiente e o 15% en torno á saúde e o benestar.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta precisou varias novidades, ademais do incremento do orzamento como: a simplificación de trámites, a especial valoración da contratación de persoal e o potencial en canto a viabilidade e rendibilidade dos proxectos, así como o fomento dunha maior concorrencia para evitar a concentración de axudas nunha mesma empresa.

Conecta Peme pretende estimular a innovación das pemes galegas:

Dirixido a proxectos que contan cun orzamento de entre 500.000 euros e 1,5 millóns de euros, Feijóo aseverou que esta iniciativa pretende estimular a innovación das pemes galegas e fomentar a cooperación entre os diferentes axentes, xa que cada proxecto conta coa participación de entre tres e seis empresas e pode incluír unha grande empresa.

Desde a súa posta en marcha, no ano 2013, este programa está a mobilizar 150 millóns de euros en 187 proxectos de cooperación, nos que están a participar 433 empresas (95% pemes) e 81 centros tecnolóxicos e de investigación, e coa creación de 530 empregos.

Este programa compleméntase con Interconnecta que, desde 2011, tamén está a favorecer o desenvolvemento de 172 proxectos entre grandes consorcios de empresas e centros de coñecemento, coa participación de 565 empresas galegas.

R., 2018-10-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES