Noticias

O Plan galego de Formación 2018-2019 permitirá a cualificación de 16.515 persoas sen emprego a través de máis de 1.100 cursos

Terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que superasen algún módulo dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais. Trátase dunha acción enmarcada na Axenda 20 da Administración autonómica, para favorecer as oportunidades laborais dos galegos e galegas, e para que a formación que se imparte se adapte ás demandas reais do tecido produtivo do país.

O Plan galego de Formación 2018-19 permitirá a cualificación de 16.515 persoas sen emprego a través de 1.100 cursos, dentro dunha acción enmarcada na Axenda 20 da Administración autonómica, para favorecer as oportunidades laborais dos galegos e galegas, e para que a formación que se imparte se adapte ás demandas reais do tecido produtivo do país.

Financia este Plan de formación a Xunta, cun investimento de 48 millóns de euros, un 13,4% máis que na convocatoria anterior. O custe por alumno destas accións formativas (cun máximo de 6.491 euros), será de 5.000 euros no sector do metal e naval, 3.900 euros na automoción e as enerxías renovables, e 3.600 nas Tic e construción. Ofértanse cursos dunha duración media de 6 meses nas catro provincias galegas, e nos principais sectores da economía do país, destacando metal e naval, as TIC, automoción, comercio e márketing, turismo e hostalería, transporte, sanidade, servizos sociais, seguridade e medio ambiente, o ámbito agrario, as actividades deportivas ou a industria alimentaria entre outros.

Nesta iniciativa para incrementar as posibilidades de emprego e adaptar a formación ás necesidades laborais, introdúcense diversas melloras –ademais do incremento económico- que se concretan de forma especial en que alumnos e alumnas poderán por primeira vez escoller o centro e a acción formativa que se vai impartir en empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos, adxudicatarios destas axudas da Xunta, tendo así mesmo os centros de formación a posibilidade de seleccionar ao alumnado. O alumnado poderá solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego: https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion.

Tamén por primeira vez o alumnado terá a posibilidade de coñecer o custo do curso no que se vai cualificar, que a Xunta apoia ao 100%, e na mesma web poderá obter toda a información sobre o curso que lle interesa: data prevista de comezo, horario, lugar onde se imparte e os datos de contacto da entidade, así como a posibilidade de solicitar a preinscrición para o posterior proceso de selección que poderá levar a cabo o centro de formación. A cualificación que se imparta permitirá seguir accedendo a certificados de profesionalidade con validez en todo o Estado e será acorde coas necesidades que demanda o tecido empresarial.

Preto do 60% dos alumnos conseguen emprego

A Xunta incrementa a dotación para esta formación laboral dirixida a persoas desempregadas, especialmente tendo en conta que este tipo de accións formativas veñen tendo un promedio de preto dun 60% de alumnos que conseguen emprego. Na selección do alumnado terán preferencia as mulleres, parados de longa duración, menores de 30 anos, emigrantes retornados, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, alumnos con baixa cualificación ou persoas que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen certificados parciais. O incremento da dotación este ano permitirá atender o maior número de solicitudes.

A formación das persoas desempregadas é un reto prioritario para o Goberno galego, e por iso ten en marcha outro tipo de programas como son as Unidades formativas na empresa; os obradoiros duais; ou os plans formativos para sectores específicos, como a automoción, o naval ou o forestal.

Os Obradoiros duais

Estes días o Goberno galego está poñendo en marcha 23 obradoiros para menores de trinta anos, cun investimento de 3,4 millóns de euros, e obradoiros duais en 206 concellos galegos para mais de 1.600 alumnos e alumnas cun investimento de 23,26 millóns de euros, o que supón un incremento do 25% en relación co período anterior, tentando seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente nos do rural, adaptando a oferta formativa ás demandas e necesidades de contratación.

A principal novidade dos obradoiros duais –modalidade pioneira en Galicia- é que os participantes terán a posibilidade de combinar formación e aprendizaxe cunha experiencia laboral, por medio dun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato laboral de alomenos tres meses máis nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.

R., 2018-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES