
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou no Parlamento, que Galicia seguirá apostando pola política económica responsable que permita, en plena crise económica, mellorar o Estado do Benestar, fronte ao modelo alternativo socialista que non existe, con baixada de salarios dos empregados públicos, máis impostos e o céntimo sanitario. Non hai modelo alternativo socialista e, non o hai, porque acaban de plantexar o seu modelo en Andalucía: baixada de salarios de todos os empregados públicos un 5%, máis impostos, paralización da obra pública e o máximo, o céntimo sanitario.
Deste xeito, e en resposta a unha pregunta do Grupo Parlamentario socialista, Feijóo aseverou que Galicia vai a seguir traballando. Vamos a seguir traballando no sector industrial, no sector pesqueiro, no sector agrario. En plena crise económica, a Xunta deu o dobre de préstamos ás empresas que en bonanza económica. E vamos a seguir dicindo que, en Galicia, as taxas universitarias seguirán sendo as máis baixas de España; que, en Galicia, non pechamos hospitais, senón que os construímos; que o fracaso escolar está nos mellores datos dos últimos dez anos; e que, en Galicia, a crise económica non só non vai diminuír o estado do Benestar, senón que Galicia está mellorando o Estado do Benestar que vostedes deixaron despois das facturas e da bonanza.
Así mesmo, lembrou que Galicia é a comunidade máis solvente, a que mellor paga e a única que non tivo que acudir ao rescate do Goberno central para pagar as súas facturas, mentres que todas as comunidades gobernadas polo PSOE teñen o maior déficit público de España e os maiores buratos das súas contas públicas.
Galicia é a comunidade que máis responsabilidade fixo nas súas contas públicas, a pesares de ter que pagar o que vostedes deixaron a deber despois de catro anos de risas, de rosas e de facturas nos caixóns, dixo en alusión ao goberno bipartito.
O responsable autonómico sentiuse alarmado pola falla de realismo do PSdeG e pediu ao Partido Socialista que non cree máis incertezas dicindo que a Xunta minte. Din que vamos a cobrar por ir aos hospitais e por facer unha proba, dinlle aos médicos que dan altas por 30 euros... respecte a Galicia, respecte o traballo que fixemos os galegos e as galegas durante os tres últimos anos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.