Notas de prensa

Galicia posiciónase como un lugar preferente para acoller investimentos

O presidente da Xunta pon de exemplos a Pemex e Nestlé que "volve a apostar por Galicia, converténdoa no centro mundial de produción de leite condensada da compañía”. Os investimentos de empresas mundiais en Galicia xeran confianza porque a competitividade e produtividade están garantidas.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou, durante unha visita ás novas instalacións da fábrica de Nestlé en Pontecesures, que “centrarnos en ser unha comunidade solvente” permite a Galicia ser un lugar para investir, que xera confianza e onde a competitividade e a produtividade está garantida.

Deste xeito, Feijóo referiuse ao recente acordo estratéxico firmado entre a Xunta e a petroleira mexicana Pemex -a cuarta petroleira do mundo- e á multinacional Nestlé, “que volve a apostar por Galicia, converténdoa no centro mundial de produción de leite condensada da compañía”, como a proba de que as empresas están entendendo o esforzo da Administración pública galega pola solvencia e pola xeración de confianza na economía.

“A solvencia é a garantía da confianza e a confianza xera postos de traballo, investimentos e competitividade da economía”, subliñou, ao que engadiu que ser unha comunidade autónoma solvente é unha das liñas estratéxicas fundamentais de toda esta lexislatura. “Para poder seguir prestando servizos públicos esenciais en época de crise; para poder seguir pagando aos provedores en época de crise; e para apoiar ás empresas galegas en época de crise estamos sendo solventes como liña principal da política económica”.

Neste sentido, destacou, durante a visita, que o Goberno galego está axudando ás empresas 5 veces máis en avais e en subsidiación a tipo de interese que en 2009.

NotaAsí mesmo, Feijóo salientou a aposta pola innovación e o impulso da internacionalización como os dous eixos da política económica do Goberno galego, claves para a recuperación económica. E afirmou que levar a cabo esta estratexia de apoio á innovación e á internacionalización na comunidade fixo posible que Galicia superase, en 2011, a súa cifra histórica de exportacións, con máis de 17.000 millóns de euros; aumentar un 11% o número de empresas exportadoras, desde 2009; ou contar con 1.200 millóns de euros para apoiar a innovación empresarial ata o ano 2015.

O presidente autonómico concluíu a súa intervención reiterando que a aposta pola calidade, polo esforzo e polo talento seguen sendo a garantía de competitividade de calquera empresa; “e, hoxe, podemos acreditar que en Galicia tamén hai calidade, talento e esforzo”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES