//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Galicia comezou o ano 2019 con 15.086 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -7,94% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai unha década, xa que en xaneiro de 2009 había 201.316 parados fronte aos 174.800 do pasado xaneiro. Ademais, a caída de Galicia é superior a do Estado en 2,45 puntos, xa que en España o paro baixou nun 5,49%. Por sexto ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de xaneiro. O desemprego tamén baixou nas catro provincias galegas e nas 7 grandes cidades, así como en todos os sectores económicos e nos colectivos prioritarios para a Xunta: menores de 30 anos, parados de longa duración e mulleres.
Galicia, Asturias e Castela e León solicitarán ao Goberno central un programa de actuacións e a demanda de financiamento comunitario para transformar o Corredor Atlántico de Mercadorías en sinónimo de competitividade, progreso económico e emprego; para transformar liñas ferroviarias deseñadas no século XIX, nun ferrocarril de mercadorías que lle permita ao Noroeste competir na Europa do século XXI. Unhas actuacións que se cifran nun investimento de preto de 3.000 millóns de euros para optar ao cofinanciamento con fondos europeos.
Galicia terá un Plan estratéxico e de dinamización territorial das cinco denominacións de orixe do viño de Galicia co obxectivo de mellorar o posicionamento dos nosos caldos e das comarcas que representan. Este plan, denominado 'Paseando entre viñedos: Enoturismo en Galicia. Senda estratéxica das comarcas vitivinícolas galegas', contará coa participación de todos os axentes clave do territorio e que pretende mellorar a coordinación público-privada para fomentar o desenvolvemento territorial a partir do sector vitivinícola. O primeiro paso será un estudo e posterior diagnóstico socioeconómico dos territorios implicados.
Galicia pechou o mes de novembro sendo a comunidade autónoma que mellor paga as súas facturas, o que supón que xa acumula nove meses consecutivos como a comunidade que atende con máis axilidade aos seus provedores, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. En concreto, Galicia acadou no mes de novembro un período medio de pago de 14,2 días, inferior ao mes anterior (14,8). Deste xeito, o período medio de pago de Galicia mantívose case 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ratificou hoxe a profunda preocupación e decepción ante o Proxecto de lei de presupostos xerais do Estado 2019. Considera que non son uns presupostos realistas, van incrementar os impostos das familias galegas e hai unha baixada intensa nos investimentos. Logo de que o proxecto de lei fose presentado nas Cortes, Feijóo explicou, nun primeiro termo, que as contas xerais prevén un incremento do gasto non financeiro de máis do 5%, que se sustenta nunha previsión de ingresos inverosímil, ao recoller un aumento da recadación fiscal de máis de 20.000 millóns de euros, a pesar de situarse nun contexto de menor crecemento económico e de previsible redución dos beneficios empresariais.
As iniciativas están dirixidas á contratación de perceptores da Risga e de desempregados en xeral para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. Nos dous casos, o prazo de solicitude rematará o próximo 11 de febreiro. Os apoios dirixidos aos concellos galegos para a contratación de perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) inclúen un orzamento de 7,7 millóns de euros para empregar a 700 persoas en situación ou risco de exclusión social. Como novidade para 2019, a duración dos contratos amplíase de 7 a 9 meses.
CES, o evento anual no que se presentan as innovacións tecnolóxicas de próxima xeración no mercado, é punto de encontro para máis de 4.400 empresas da industria electrónica e 180.000 profesionais de ao redor de 155 países do mundo. Nesta edición coñeceranse os avances do sector con respecto á rede de quinta xeración ou 5G deseñada para facilitar a implementación do internet das cousas. O sector de automoción destaca por ser un dos máis relevantes para a economía galega, como poñen de manifesto os datos das exportacións das empresas do automóbil que nos dez primeiros meses do 2018 aumentaron nun 12,8% cun valor de 4.518,6 millóns de euros.
O número de fogares galegos que chega con moita dificultade a fin de mes diminuíu 2,69 puntos porcentuais no cuarto trimestre deste ano en relación co trimestre anterior, pasando do 8,56% ao 5,87%, segundo a última Enquisa Conxuntural da Fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE). En termos interanuais, nos fogares con dificultades a fin de mes, prodúcese unha diminución de 5,13 puntos, pasando do 45,38% do último trimestre de 2017 ao 40,25% ao peche de 2018. Pola súa parte, neste período, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilitade a fin de mes aumenta 6,23 puntos (do 47,64% ao 53,87%), mentres que a porcentaxe dos que chegan con moita dificultade decrece 1,11 puntos (do 6,98% ao 5,87%).
A duración das axudas e a súa contía mantense invariable, despois do incremento do curso pasado, cando o mínimo ao mes pasou de 105 aos 125 euros, a axuda intermedia de 145 a 165 e a máxima se elevou de 175 a 195 euros, en función dos países de destino. Cómpre lembrar que a convocatoria galega contempla axudas para estancias de ata nove meses, o que complementa as axudas europeas, que se limitan a sete meses de duración. No curso 2017/18 beneficiáronse destas bolsas a totalidade dos alumnos solicitantes que participaron no programa Erasmus Estudos, que foron total de 950 estudantes.
Galicia poderá aplicar desde o 1 de xaneiro as novas rebaixas fiscais previstas para o vindeiro exercicio, xa que hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2019, así como a Lei de medidas fiscais e administrativas. Galicia foi a primeira comunidade autónoma que aprobou no seu Parlamento os seus Orzamentos para 2019, evitando a aplicación dunha prórroga orzamentaria que si terán que facer o Goberno central e outras comunidades como Cataluña, Andalucía ou País Vasco.
Os empresarios mexicanos buscan en Galicia transferencia de coñecemento para impulsar o desenvolvemento industrial na área de Celaya, especialmente no sector da automoción. O director xeral do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro cunha delegación da zona de El Bajío, no centro do país, interesada en colaborar con centros tecnolóxicos galegos.
Na presentación do Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia aposta por unir esforzos e aproveitar a puxanza deste sector para xerar novas oportunidades de crecemento e emprego na comunidade.
O acordo, financiado con 94.000 euros bianuais, busca difundir o termalismo en mercados de proximidade e internacionais, así como para fomentar a investigación e o coñecemento da hidroterapia termal como remedio médico-terapéutico. O acordo inclúe a posta en marcha dunha central de reservas internacionais e redes sociais.
A algo máis de dez días de iniciarse o evento, o número de ofertas de traballo confirmadas é de 210. Como novidade, a edición deste ano incorpora un servizo de co-working para empresas.
O presidente da Xunta asistiu ao acto de entrega de premios ao éxito empresarial en Galicia onde afirmou que Galicia foi pioneira en España nas políticas de austeridade e defende que aforro é riqueza. Pon de relevo o gran capital humano de Galicia e aposta por cooperar, innovar e traballar.
O presidente da Xunta viaxa a Uruguai, Arxentina, Brasil, Colombia e posiblemente Venezuela, para afondar nas relacións comerciais e económicas co fin de buscar novas oportunidades de negocio para Galicia. Di que a internacionalización é a chave para a recuperación máis rápida da economía galega.
Economía e Industria respalda o mantemento do emprego en Sargadelos co impulso ao seu plan de expansión comercial e máis de 1.300.000 euros de financiamento.
Feijóo presenta a experiencia galega como base para afirmar que a España das autonomías é viable, fiable e necesaria a través dun "modelo no que se fan ben as cousas, no que a autonomía non é un símbolo para alardear, senón un compromiso coa eficiente xestión dos servizos públicos.
O presidente da Xunta asistiu ao Acto de Presentación do Fondo de Capital Riesgo CRB Bio II ao que valora como un novo fondo con empresas galegas baseado na aposta dun novo modelo de crecemento económico.
Asegura que valores como a solidariedade, a axuda mutua, a responsabilidade compartida, a equidade ou a igualdade, asociados ás cooperativas, han de ser promovidos e apoiados desde os poderes públicos en todo momento. Lembra que existen máis de 1.100 cooperativas en Galicia que superan os 88.000 asociados e que anualmente se crean entre 40 e 50 novas cooperativas cun número de socios novos de arredor de 1.500 cada ano.