Noticias

O sector da automoción galega participa no CES Las Vegas, a maior feira da electrónica a nivel mundial

CES, o evento anual no que se presentan as innovacións tecnolóxicas de próxima xeración no mercado, é punto de encontro para máis de 4.400 empresas da industria electrónica e 180.000 profesionais de ao redor de 155 países do mundo. Nesta edición coñeceranse os avances do sector con respecto á rede de quinta xeración ou 5G deseñada para facilitar a implementación do internet das cousas. O sector de automoción destaca por ser un dos máis relevantes para a economía galega, como poñen de manifesto os datos das exportacións das empresas do automóbil que nos dez primeiros meses do 2018 aumentaron nun 12,8% cun valor de 4.518,6 millóns de euros.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria asiste ata o vindeiro 11 de xaneiro coa Business Factory Auto (BFA) á maior feira anual de electrónica e tecnoloxías dixitais do mundo, CES (Consumer Technology Association), que se celebra na cidade estadounidense das Vegas e na que a BFA participa mediante seis startups: Help Flash, VMS, Xesol, Muutech, Little Electric Cars e Improsec.

CES, o evento anual no que se presentan as innovacións tecnolóxicas de próxima xeración no mercado, é punto de encontro para máis de 4.400 empresas da industria electrónica e 180.000 profesionais de ao redor de 155 países do mundo. Nesta edición coñeceranse os avances do sector con respecto á rede de quinta xeración ou 5G deseñada para facilitar a implementación do internet das cousas (IoT).

Coa participación na feira, a BFA pretende apoiar os proxectos participantes na súa proxección internacional e incrementar a súa competitividade baseada na modernización tecnolóxica. A aceleradora galega, que a Xunta impulsa xunto a PSA, Ceaga e o Consorcio Zona Franca, está a celebrar xa a súa terceira edición, na que participan 20 iniciativas e que se presenta como a máis internacional posto que participa un proxecto de Dubai e outro de Alemaña. Nas dúas convocatorias anteriores, facilitou a creación de 22 novas empresas, que levan xerado 150 postos de traballo e que facturan máis de 10 millóns de euros, e das que o 30% xa exportan a outros países.

O sector de automoción destaca por ser un dos máis relevantes para a economía galega, como poñen de manifesto os datos das exportacións das empresas do automóbil que nos dez primeiros meses do 2018 aumentaron nun 12,8% cun valor de 4.518,6 millóns de euros, colocándose como o segundo sector en volume de vendas, tan só por detrás do téxtil. Neste sentido, a industria automobilística segue o seu crecemento en Galicia, como mostra a fabricación de dous novos modelos de PSA que aseguran carga de traballo para 10 anos na factoría viguesa e as súas empresas auxiliares.

As business factories impulsadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria pertencen aos sectores da automoción, biotecnolóxico e aeronáutico, e intégranse na plataforma StartIN Galicia, a rede galega de aceleradoras que nos últimos cinco apoiou preto de 900 proxectos de emprendemento, que contribúen ao desenvolvemento dunha industria innovadora e competitiva.

R., 2019-01-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES