Actualidad de Economía

Noticias economia

Este Plan Anual, enmarcado no IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021, aposta por dar cumprimento aos compromisos adquiridos no ano 2019 cos axentes aos que se lle aprobaron 36 proxectos nas tres tradicionais convocatorias públicas bianuais de concorrencia competitiva. Así, publicaranse as convocatorias de axudas que tradicionalmente xestiona a Cooperación Galega como son as de proxectos no exterior con ONGD e outros axentes de cooperación aos que se destinarán 1,8 millóns en 2020; aos que se suman 500.000 para iniciativas de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global proxectos de acción humanitaria; así como outros 400.000 euros para programas de acción humanitaria.
A Axenda Industria 4.0 e un proxecto da Xunta de Galicia que pretende anticiparse aos cambios previstos na economía global e conectada, favorecendo ao tecido empresarial galego, aumentando o tamaño das empresas, apostando polo talento dixital, e contribuíndo á reinvención e especialización tecnolóxica da industria galega. A Xunta de Galicia destinará durante os próximos catro anos (2019-2022) 350 millóns de euros para o desenvolvemento deste programa. Favorecerase a creación de 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900 millóns ata o ano 2022, para impulsar un novo tecido empresarial competitivo.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia vén de poñer en marcha a iniciativa Comercio 360, que ten como obxectivo mellorar a competitividade do comercial local, poñendo sempre ao consumidor final no centro de todas as decisións. Trátase de responder aos cambios que os novos hábitos e a dixitalización están introducindo no sector, adaptándose ás novas necesidades de demandas. A diferenciación e a especialización hanse acadar a través de elementos fundamentais coma a aposta polo produto local, a sustentabilidade e a economía circular, a responsabilidade social ou o deseño. Cunha proxección a tres anos (2019-2021), Comercio 360 conta con orzamento de 5,7 millóns de euros en 2019 para avanzar na dixitalización como medio para mellorar a experiencia do cliente.
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, anunciou hoxe no Parlamento que o primeiro que fará a Xunta de Galicia cando se constitúa o novo Goberno de España será pedir o pago íntegro dos 700 millóns de euros que lle adebeda a Galicia. E asegurou que “atender esta débeda é o primeiro e máis inmediato asunto da axenda galega que o Goberno ten que cumprir”. Na súa intervención durante o debate de totalidade do proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade autónoma para o 2020, o titular de Facenda lembrou que o Parlamento galego xa se ten pronunciado en tres ocasións, cun alto grao de consenso, demandando o pago total destes recursos.
Galicia lanzará no vindeiro ano 2020 a primeira emisión de bonos sostibles da Comunidade Autónoma. Estes bonos estarán integramente orientados aos investimentos sociais e medio ambientais, á economía verde e sostible e vinculados á Axenda 2030. Este ano a Comunidade galega retornou aos mercados financeiros, froito da confianza que Galicia aporta aos investidores, o que permite aproveitar as condicións que ofrece o mercado, con abundante liquidez, elevada demanda e os tipos de interese historicamente baixos.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición das Unidades Formativas na Empresa, proxecto pioneiro que contempla o desenvolvemento de 500 unidades formativas que chegarán a case 4.500 persoas traballadoras e desempregadas de toda Galicia, ofrecéndolles unha mellora cualificativa que dea resposta ás necesidades do sector produtivo galego. O obxectivo e facer de Galicia unha comunidade máis adaptada a nova realidade económica baseada nas últimas tecnoloxías, mellorando a formación dos galegos e galegas mediante un proceso de aprendizaxe continua que facilite a inclusión laboral e mellora á empregabilidade dos beneficiarios.
Ponse en marcha a Estratexia galega de optimización loxística, coa previsión de mobilizar máis de 20 millóns de euros ata 2022 para impulsar a competitividade do sector da organización, abastecemento e transporte de mercancías. Entre as medidas previstas está a posta en marcha de catro centros de apoio ao transporte por estrada -un en cada provincia-, que prestarán servizos 24 horas e beneficiarán a 5.000 empresas; ou o funcionamento dunha xanela única para a realización dos trámites aduaneiros nos portos galegos.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse nas Pontes co grupo de traballo local por unha transición xusta de Endesa para solicitar ao Goberno central unha axenda política que inclúa solucións industriais que partan da colaboración e que permita impulsar unha transición enerxética xusta e ordenada tal e como reclama a Comisión Europea, que avoga por transicións xustas, que teñan en conta as consecuencias sociais desta transformación e que analicen os posibles impactos laborais e industriais da mesma. Esta é, segundo Conde, a única fórmula para salvagardar os postos de traballo e o tecido industrial galego a través dunha solución realista.
Galicia segue reducindo o paro a nivel anual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo con respecto a outubro de 2018. De feito, posiciónase como a sexta Comunidade na que máis se reduce o paro en termos absolutos. A cifra de desempregados (164.307) sitúa Galicia a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Na evolución anual, o paro baixa en 5437 persoas, é dicir, nun -3,20%, o que supón que Galicia xa suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de outubro. A Comunidade reduce o desemprego, ademais, a maior ritmo que o conxunto do Estado, onde diminúe nun -2,37%.
Celebrouse hoxe unha reunión entre a Xunta de Galicia, os concellos de Cervo e Xove e mais o comité de empresa de Alcoa San Cibrao para avaliar a situación que atravesa a planta. Tanto o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, como os traballadores reiteraron a petición, que a Xunta xa ten trasladado ao Goberno central en anteriores ocasións, de convocar a mesa da industria electrointensiva -incorporando aos empregados da planta de San Cibrao- e de presentar o estatuto para o consumidor electrointensivo e, deste xeito, desbloquear a difícil situación da factoría da Mariña ao rebaixar o prezo eléctrico.
« Anterior | 49  de  381 | Siguiente »

Notas economia

Galicia e Portugal estudan como optimizar a cooperación transfronteiriza de cara ao novo escenario financeiro 2014-2020. O director de Relacións Exteriores e o coordinador portugués Galicia-Norte falan da Eurorrexión.
Sostén que “o espírito de defensa dos intereses comúns e de mellora da competitividade dos nosos produtos” ha de ser o que guíe os pasos das políticas europeas, “impedindo a entrada de novos axentes” no escenario comunitario cando a súa actividade non se realice “en igualdade de condicións”.
A VI Conferencia Mundial do Atún Vigo 2013 concíbese desde a Xunta de Galicia como un escenario idóneo para defender a competencia nos mercados en igualdade de condicións hixiénico-sanitarias, sociais nos mercados para evitar a facilidade de entrada de produtos que vaian en contra dos intereses dos consumidores.
A Estratexia de Especialización Intelixente recollida na RIS3, e que a Xunta enviará á Comisión Europea, marcará o camiño da innovación galega nos vindeiros anos e permitirá que a comunidade reciba 2.000 millóns en Fondos FEDER.
La Fundación de Exposiciones y Congresos de A Estrada cuenta dentro de su programa de jornadas técnicas con la inestimable colaboración activa del CIS Madera quien, a través de personal técnico especialista de AIDIMA (Instituto Tecnológico del Mueble, Madera, Embalaje y Afines) de Valencia, impartirán una jornada técnica el jueves diecinueve de septiembre, de 11.45 a 13.00 horas en el Salón de Actos del propio recinto ferial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os titulares da CEO, José Manuel Pérez Canal, e da Cámara de Comercio de Ourense, Celso Barbosa, mantiveron unha xuntanza para analizar liñas de cooperación e desenvolver iniciativas conxuntas que favorezan o mantemento e a creación de emprego na provincia de Ourense.
Ata 70 alumnos poderán participar neste encontro que, entre o 17 e o 19 de xullo no Auditorio Ilduara, se configura como un curso de verán de extensión universitaria con sesións teóricas en combinación con proxeccións.
O presidente da Xunta subliña que “Galicia leva catro anos reformando a súa administración autonómica para facela máis eficiente e útil aos cidadáns” e di que xa se aplicaron o 90% das medidas formuladas.
Este documento pretende definir as accións necesarias para lograr un sistema aeroportuario eficiente e competitivo en Galicia. AIRIA Ingeniería y Servicios S.A. presentará este plan nun prazo máximo de dous meses e medio.
La compañía ofrece suministro eléctrico, a través de Unión Fenosa Distribución, a 118 municipios y más de 700.000 suministros de la provincia.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES