Notas de prensa

Deputación de Ourense, CEO e Cámara de Comercio analizan liñas de colaboración en materia de emprego

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os titulares da CEO, José Manuel Pérez Canal, e da Cámara de Comercio de Ourense, Celso Barbosa, mantiveron unha xuntanza para analizar liñas de cooperación e desenvolver iniciativas conxuntas que favorezan o mantemento e a creación de emprego na provincia de Ourense.

A reunión produciuse tralo anuncio feito polo presidente provincial na presentación do segundo informe do Observatorio Económico Ourensán, onde apuntou a necesidade de que os máximos responsables da Deputación de Ourense, da Confederación de Empresarios e da Cámara de Comercio se reunisen para avaliar, analizar e poñer en común as actuacións que as tres institucións desenvolven no ámbito socio-económico na provincia de Ourense, dado que son os únicos entes de ámbito provincial neste eido con acción encamiñadas á xeración de emprego.
Un dos ámbitos de colaboración refírese a que tanto CEO como Cámara de Comercio participen na elaboración do Observatorio Económico Ourensán, e tamén se contempla a sinatura dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e a Cámara de Comercio, por importe de 25.000 euros, tendo como base a realización de accións encamiñadas ao mantemento e á xeración de emprego.
Asemade, os responsables das tres institucións falaron na súa xuntanza dos aspectos recollidos no Plan de xestión e estratexia operativa OURENSE 92 da Deputación de Ourense, que inclúe medidas como o plan de emprendemento agrario, que porá a disposición daqueles emprendedores que, en concorrencia pública e competitiva, teñan proxectos empresariais para desenvolver no ámbito rural e non dispoñan de terras para facelo, e finalmente, abordaron aspectos referidos ao Plan Provincial de Obras da Deputación, unha iniciativa xeradora de riqueza e postos de traballo, na que as tres institucións poden encontrar puntos de colaboración e cooperación.

Deputación de Ourense, 2013-08-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES