Noticias

O orzamento do Plan Anual da Cooperación Galega para 2020 supera os 6,6 millóns de euros e incrementase en máis dun millón de euros

Este Plan Anual, enmarcado no IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021, aposta por dar cumprimento aos compromisos adquiridos no ano 2019 cos axentes aos que se lle aprobaron 36 proxectos nas tres tradicionais convocatorias públicas bianuais de concorrencia competitiva. Así, publicaranse as convocatorias de axudas que tradicionalmente xestiona a Cooperación Galega como son as de proxectos no exterior con ONGD e outros axentes de cooperación aos que se destinarán 1,8 millóns en 2020; aos que se suman 500.000 para iniciativas de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global proxectos de acción humanitaria; así como outros 400.000 euros para programas de acción humanitaria.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, presidiu hoxe a reunión do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode). Un dos puntos da orde do día da reunión foi a aprobación do Plan Anual 2020 para a Cooperación Galega. No documento recóllense as actuacións previstas para o ano 2020 e un incremento de máis dun millón de euros no orzamento respecto ao ano pasado. O programa conta unha dotación orzamentaria de 6,6 millóns de euros, un 18,47% máis que o plan de 2019. Deste xeito, dáse cumprimento ao compromiso no IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021, de “garantir un crecemento anual deste programa igual ou superior ao 11,4%”.

Este Plan Anual, enmarcado no IV Plan Director da Cooperación Galega 2018-2021, aposta por dar cumprimento aos compromisos adquiridos no ano 2019 cos axentes aos que se lle aprobaron 36 proxectos nas tres tradicionais convocatorias públicas bianuais de concorrencia competitiva. Así, publicaranse as convocatorias de axudas que tradicionalmente xestiona a Cooperación Galega como son as de proxectos no exterior con ONGD e outros axentes de cooperación aos que se destinarán 1,8 millóns en 2020; aos que se suman 500.000 para iniciativas de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global proxectos de acción humanitaria; así como outros 400.000 euros para programas de acción humanitaria; e publicarase a convocatoria de seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación.

Ademais, o Plan manterá a liña para axuda humanitaria e de emerxencia con 260.000 euros para a sinatura de convenios coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), Farmamundi, a Asociación Solidariedade Galega do Pobo Saharaui (SOGAPS), ACNUR e UNRWA; e a colaboración coas entidades locais a través da sinatura do convenio co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, para promover a participación das entidades locais galegas na área de cooperación para o desenvolvemento e mellorar dende o local a sensibilización da sociedade galega, ao igual que a Coordinadora Galega de ONGD.

Do mesmo xeito, continuarase co convenio coas tres universidades galegas e tamén coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para levar a cabo o Plan Proxecta, dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros educativos. Neste Plan enmarcase o convenio de colaboración coas entidades Solidariedade Internacional de Galicia, AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz para poñer en marcha a oitava edición do proxecto socioeducativo de concienciación sobre desigualdades globais denominado “Cooperación galega: O mundo que queremos”, que contará este ano cunha dotación de 70.000 euros en dous anos. E un ano máis tamén se dará continuidade á liña de transferencia tecnolóxica para a mellora da diversificación produtiva do sector acuícola e pesqueiro mediante un novo convenio con Anfaco-Codepesca.
O Congacode é órgano asesor e de coordinación da cooperación galega no que están representados a Administración autonómica, as ONGD e o resto dos axentes galegos de cooperación (as Universidades, o Fondo Galego, a Fegamp, os sindicatos, a CEG e outras entidades do eido social). No encontro de hoxe, o Congacode, ao igual que o Consello de Acción Exterior de Galicia (CAEX), tamén deu o seu visto bo ao anteproxecto de lei de acción exterior e cooperación de Galicia.

Balance Plan anual 2019

Por outra banda, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE deu conta nesta reunión do Consello Galego de Cooperación dos resultados da execución do Plan Anual 2019, que foi executado na súa totalidade, o que dá mostra un ano máis de que a solvencia é un dos sinais de identidade da Cooperación Galega. O orzamento inicial de 5,6 millóns de euros sumáronselle outros 500.000 euros de fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, xunto con partidas de outras consellerías destinadas á cooperación, de forma que a axuda total ascendeu aos 6,5 millóns de euros.

Ao abeiro das axudas do Pacto de Estado financiáronse oito proxectos de atención a persoas refuxiadas en materia de violencia de xénero. Ademais, deuse financiación a 75 proxectos de investigación promovidos polas universidades e centros de investigación galegos, resolveuse a convocatoria de seis bolsas para formar expertos en cooperación , asináronse 22 convenios de colaboración con distintas institucións.

R., 2019-11-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (costa-feira-2026.jpg) Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Foto de la tercera plana (abril-cultura-camino.jpeg) Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de Día, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha.

Notas

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Bande, e a directora do Campus Terra, Marta Miranda, inauguraron este xoves 18, no edifico Cactus do Campus de Lugo, unha nova edición do Foro empresarial Galicia–Asia que xirou na súa primeira xornada arredor do ecosistema da saúde. Alimentación e lonxevidade, así como as posibilidades da robótica asistencial, foron outros dos aspectos abordados na reunión.
O transporte marítimo enfróntase a un dos grandes desafíos da súa transición enerxética: decidir que combustibles alternativos empregar nun contexto no que aínda existe pouca experiencia operativa e escasean os datos sobre o seu comportamento real. Metano, metanol, amoníaco ou hidróxeno aparecen como alternativas para reducir as emisións do sector, pero a súa implantación introduce novas incógnitas relacionadas coa seguridade, o almacenamento e a operación dos buques.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES