
Os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira Lugares Máxicos 2025. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20,00 horas, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia. As entradas para o concerto están xa esgotadas.
A Xunta de Galicia dálle tamén cobertura a outras oito citas do músico este verán noutros escenarios únicos como Baiona (o 18 de xullo, no Parador de Baiona), Ribadeo (o 22 de xullo, no Auditorio Hernán Naval), Vilanova de Arousa (o 24 de xullo, no Pazo Baión), Salvaterra de Miño (o 26 de xullo, no Castelo), Boqueixón (o 30 de xullo, no Pico Sacro), Marín (o 31 de xullo, na Finca de Briz), Sober (o 17 de agosto, nos Xardíns do Palacio de Sober) e Sobrado (o 6 de setembro, no Mosteiro de Sobrado dos Monxes). Concertos do Xacobeo apoia así unha das citas máis especiais da música galega este ano: a nova xira de Carlos Núñez, un percorrido emocional e musical polos espazos con alma da nosa terra.
Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo con fartura os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas. Agora, no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia, ofrece un novo e singular directo, nun marco patrimonial que arroupará como ningún outro ou seus máxicos sons.
Un erudito da música celta e un dos mellores gaiteiros do mundo
Carlos Núñez (Vigo, Pontevedra, 1971) é un músico español, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo. Comezou coas frautas e, máis adiante, aos 8 anos, coa gaita galega. Aos 13 anos foi descuberto por The Chieftains, no Auditorio de Castrelos, en Vigo, e comezou a súa imparable carreira na música.
Ademais, as súas investigacións seguen basicamente dúas liñas relacionadas entre si: a orixe da música celta e a súa fusión coas músicas do mundo actuais. O seu interese polo tema levoulle a percorrer o mundo e a relacionarse con músicos e artistas dos países que visitou, para logo plasmar os seus coñecementos e experiencias na súa prolífica discografía.
Concertos do Xacobeo, un programa plural que apoia os principais eventos de Galicia
A Xunta de Galicia continúa firme na súa aposta por posicionar á comunidade galega como destino turístico de grandes eventos musicais a través dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que da cobertura a todas as grandes e máis singulares citas e espectáculos musicais en 2025, como o Gozo Festival, O Son do Camiño, o novo Festival Jaleo!, o PortAmérica, o Resurrection, o Río Verbena, o Noia Harp Fest e máis de 120 festivais, ciclos e concertos imprescindibles en máis de 70 localidades de toda Galicia.
Máis de 800 artistas internacionais, nacionais e galegos de todos os xéneros que pisan forte nas listas de escoitas de agora e de sempre visitarán neste 2025 os Concertos do Xacobeo. A aposta pola calidade e a diversidade de gustos e estilos para diferentes xeracións de públicos constitúe un atractivo único programa, que un ano máis propón 12 meses de música en directo, favorecendo o turismo e a oferta cultural de xeito deslocalizado ao longo de todo o ano.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.